Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Helena Ayape inaugura hoxe no Ateneo Santa Cecilia a súa exposición “Me sube la bilirrubina”

Carriola.Redacción 20.06.25

julio@carriola.es

OAteneo Santa Cecilia convica á inauguración da exposición “Me sube la bilirrubina (e outras cousas)”, da artista multidisciplinar Helena Ayape, que terá lugar hoxe venres 20 de xuño ás 20:00 horas na nosa sede (rúa do Forno, 42-baixo).

A exposición permanecerá no Ateneo ata o día 11 de xullo, podendo ser visitada en horario de luns a venres, de 18.00 a 20.30 horas. Andaluza de nacemento e galega de corazón, a artista plástica, fotógrafa e escenógrafa leva desenvolvendo a súa tarefa artística e docente na meirande parte da xeografía galega durante os últimos 20 anos, combinando ambas dende hai un tempo na cidade de Lugo.

“Un amor imposible”

Achegamos un pequeno resumo da intención da exposición en palabras da propia Helena Ayape: “Como di o estribillo da canción “Me sube la bilirrubina” do músico e cantautor dominicano Juan Luis Guerra, o que se exhibe nesta exposición é un amor imposible, por así dicilo, un amor tóxico da artista cara ás obras representadas, debido ao dano que a graxa e o azucre lle producen no seu fígado e vesícula biliar (...), pintado dun xeito meticuloso e coidado, sensual, dun vouyerismo case erótico, tanto en óleo coma en acuarela, o obxecto do seu desexo nunha ampla variedade de pratos doces e salgados”

roslev