Carriola.Estrela de Marín 21.06.25
julio@carriola.es
Onte venres día 20 púxose en marcha a campaña “Verán Estrela”, da asocaición comercial de Marín polo que, os clientes poderán rexistrar os seus tickets de compra, no formulario que se habilitou para tal fin no seguinte enlace:
https://www.estrelademarin.gal/veran-estrela-25/
Entre todos os clientes que rexistren os seus tickets, sortearase o xoves 26 ás 12 horas, unha tarxeta regalo por importe de 50€.
A campaña conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia.
Próxima “Semana Estrela”
Esta acción de dinamización comercial é antesala dunha das campañas máis importantes que se porán en marcha durante este ano, "A Semana Estrela", que se celebrará do 30 de xuño ao 4 de xullo, campaña que se presentará a finais da vindeira semana.