Carriola.Redacción 21.06.25
julio@carriola.es
A Agrupación socialista de Marín fizo pública unha nota de prensa na que informas sobre a reelección de Pazos Lamoso como Secretario Xeral do Parido en Marín, texto e lista da nova executiva que reproducimos a continaución:
A agrupación do PSdeG de Marín celebrou este pasado mércores 18 o proceso de renovación da sua executiva local, elexindo para os vindeiros catro anos unha nova dirección que dirixirá ao partido no noso municipio.
Neste proceso a militancia decidiu por unanimidade en asemblea extraordinaria, que Manuel Pazos siga liderando a Agrupación local como Secretario Xeral, Carlos Tabuyo exerza como Secretario de Organización da mesma, e Xulio Pardellas a represente como Presidente.
A composición da executiva elixida, paritaria, onde case a metade dos membros son novas incorporacións, é a seguinte:
|
Presidencia e Memoria Democrática |
Xulio Pardellas de Blas |
|
Secretario Xeral e Sostenibilidade |
Manuel Ángel Pazos Lamoso |
|
Sec. de Organización, Sanidade e Dependencia |
Carlos Tabuyo Romero |
|
Vogal Apoio Sec. Organización |
Enrique Iglesias Pazos |
|
Vogal Apoio Sec. Organización |
José Manuel Bouzas Touriño |
|
Sec. Rural e Mobilidade |
Raquel Garrido García |
|
Sec. Igualdade e LGTBI |
Mariola González Recamán |
|
Sec. Mocidade, Infancia e Inmigración |
Sonia Pazos García |
|
Sec. Vivenda e Urbanismo |
Iria Sobrino Fagilde |
|
Sec. Emprego e Educación |
Lucila Cano Santiago |
|
Sec. Cultura e movementos sociais |
Eduardo Acuña Barros |
|
Sec. Xuventudes Socialistas |
Carmen Fuentes González |
|
Sec. Política Municipal e redes sociais |
Luís Vilas Moreira |
|
Sec. Acción Electoral e Comunicación |
Raimundo Calviño Iglesias |
Manuel Pazos quixo agradecer á executiva saínte o seu traballo e a súa unidade, e puxo deberes á nova: ofrecer unha alternativa sólida e competente que saque a Marín do estancamento tras 16 anos dun PP e unha María Ramallo máis perdidos que nunca e que gobernan sen dirección nin proxecto.
Minuto de silencio por Juan Muradas
Na asemblea realizouse un sentido recoñecemento ao compañeiro Juan Muradas tras o seu recén pasamento, compartíuse unha semblanza do seu labor político a prol de Marín durante case 40 años e gardouse un minuto de silencio na sua honra.