Carriola.Consll.M.Rural 01.07.25
julio@carriola.es
Os usuarios deben realizar un total de tres tratamentos; o primeiro no período comprendido entre o 27 de xuño e o 4 de xullo, o segundo aos 15 días do primeiro e o terceiro transcorrido un mes do segundo tratamento
A Consellería do Medio Rural ofrece información na súa páxina web sobre a listaxe das materias activas e formulados autorizados
No mes de abril, o Goberno galego publicou un Decreto que cualifica de utilidade pública a erradicación desta enfermidade en Galicia e polo que se ordenan as medidas para evitar a súa propagación, entre elas estes tratamentos obrigatorios
A Xunta de Galicia lembra a obriga do uso de tratamentos fitosanitarios autorizados para a loita contra o Scaphoideus titanus, insecto vector da Flavescencia dourada da vide. A Consellería do Medio Rural publicou o aviso fitosanitario para o inicio dos tratamentos insecticidas correspondentes.
De feito, os usuarios deben realizar un total de tres tratamentos; o primeiro no período comprendido entre o 27 de xuño e o 4 de xullo, o segundo aos 15 días do primeiro e o terceiro transcorrido un mes do segundo tratamento. Respectaranse as indicacións de uso dos produtos que aparecen na súa ficha de rexistro, especialmente aquelas referidas aos intervalos de uso e número máximo de aplicacións. Cabe sinalar que aqueles usuarios que teñan dúbidas poderán achegarse á oficina rural máis próxima ou servizos de explotacións agrarias da súa provincia ou consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural onde atoparán toda a información.
O momento máis axeitado
Dende o mes de maio, a Xunta fai un seguimento da evolución do devandito insecto. As ninfas atópanse no seu estado máis avanzado, polo que se está no momento máis axeitado para aplicar os tratamentos insecticidas, obrigados na zona demarcada e recomendados nas zonas vitícolas lindeiras a estas. Na páxina web da Consellería pode consultarse a listaxe das materias activas e formulados autorizados para estes tratamentos fitosanitarios así como as parroquias da zona tampón onde é obrigado o tratamento.
Realizaranse un total de tres tratamentos; o primeiro no período comprendido entre o 27 de xuño e o 4 de xullo, o segundo aos 15 días do primeiro e o terceiro transcorrido un mes do segundo tratamento. Respectaranse as indicacións de uso dos produtos que aparecen na súa ficha de rexistro, especialmente aquelas referidas aos intervalos de uso e número máximo de aplicacións. Cabe sinalar que aqueles usuarios que teñan dúbidas poderán achegarse á oficina rural máis próxima ou servizos de explotacións agrarias da súa provincia ou consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural onde atoparán toda a información.
Normativa de aplicación
O día 2 de febreiro de 2023 publicouse a resolución que declaraba a presenza de Flavescencia dourada en Galicia, definiu a zona demarcada e as medidas urxentes para a súa erradicación e control. Posteriormente, en novembro do mesmo ano, ampliouse a zona demarcada e establecéronse as medidas obrigatorias. Un ano despois, en novembro de 2024, unha nova resolución ampliou a zona demarcada pola doenza e estableceu o mantemento das medidas urxentes para a súa erradicación e control.
Xa en febreiro deste ano, un Regulamento da Unión Europea ampliou a área demarcada en Galicia como zona tampón, pola expansión da demarcación no territorio de Portugal. Finalmente, o pasado 20 de abril publicouse o Decreto da Xunta polo que se cualifica de utilidade pública a erradicación desta enfermidade en Galicia e se ordenan as medidas para evitar a súa propagación. Unha desas actuacións consiste na aplicación dun tratamento insecticida autorizado en todas as plantas das parcelas de viñedo para o control do vector.
Ligazón á páxina web da Consellería con toda a información ao respecto:
https://mediorural.xunta.gal/es/temas/agricultura/sanidad-vegetal/organismos-nocivos-de-cuarentena