Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O GALP da Ría presenta o xoves día 3 a súa nova sede ubicada na Casa Rosada de Poio

Carriola.GALP. 01.07.25

julio@carriola.es

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro R celebra unha xornada de portas abertas o vindeiro 3 de xullo con motivo da inauguración dunha nova sede para as súas oficinas técnicas na Casa Rosada do Concello de Poio. O encontro contará coa presenza da conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes

Ata o de agora a atención ao público víñase realizando nas oficinas que dispón o GALP no Porto de Marín. A posta en marcha desta nova sede permitirá achegar a atención ao público da banda norte da ría, compatibilizándoa co funcionamento da súa sede en Marín.

A xornada conta con diversos actos que comezan ás 17:00 horas cunha reunión dos representantes de todos os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia para abordar os proxectos e actividades de cooperación.

Ás 18:30 horas está prevista a celebración da Asemblea Ordinaria dos asociados e ás 19:00 horas comezará un acto aberto ao público de presentación das novas oficinas do GALP que contará coa participación da conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, o alcalde de Poio, Ángel Moldes, e a presidenta do GALP, María del Carmen Vázquez Nores, que rematará con música en directo e degustación de petiscos mariñeiros.

Dado o aforo limitado, é imprescindible confirmar asistencia chamando aos teléfonos 886 21 30 15 ou 698 180 887.

roslev