Carriola.Yonathan Carreira (*) 08.07.25
julio@carriola.es
Os “Puntos Outlet”, os torneos de SPORTS e o sorteo de 1.000€, dinamizaron o comercio local durante a pasada semana.
Unha vez analizados os datos da campaña, podemos afirmar que a “A Semana Estrela” formará parte do calendario de actividades do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín.
Os participantes na acción “Puntos Outlet”, consideran que a acción contribuiu a incrementar as vendas durante esa semana, facilitando darlle saída aos stocks.
No tocante ao sorteo dos 1.000€, que se levou a cabo no multiusos da praza, a gañadorafoi Carolina Iglesias Davila, por unha compra efectuada en Calzados Inés Marcos.Carolina recibiu de mans da Concelleira de Turismo e Comercio Dª Cristina Acuña e do Director Xerente do CCA Estrela de Marín D.Yonathan Carreira, as tarxetas regalo por importe de 1.000€.
Dez mil euros en tickets
Na “Semana Estrela” rexistráronse tickets por importe 10.411,12€ e o ticket medio foi de 53,39€.
No referente ás actividades, os gañadores foron:

Torneo FIFA 25: David Otero Mesejo

Torneo Mario Kart: Lúa Antepazo Souto.
Busca do tesouro: Eva Pérez Lozano

Gañador PS5: Raúl Solla López
Esta accións novidosas pensadas para atraer ao público máis novo, acadaron este obxectivo xa que a idade media de participación nos eventos foi de 21 anos. Por este motivo, vistos os bos resultados acadados, imos levar a cabo durante o “Stock Marín”, un torneo de Fifa 25, concretamente o sábado día 2 de agosto de 19.30 a 21.30.
A campaña contou coa cofinanciación da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Marín.
(*) Yonathan Carreira Figueiras Director Xerente Asociación Centro Comercial Local