Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Praia de Loira acollerá no mediodía de mañán un acto de memoria e dignificación a varios integrantes da familia Lobeira

Carriola.S.G. 08.08.25

julio@carriola.es

Mañan sábado, día 9 de agosto, desde as 12.00 horas da da mañá, na praia de Loira (Seixo, Marín), a familia Lobeira celebrará uns actos de recoñecemento, dignificación e memoria a varios dos seus integrantes, loitadores pola democracia, pola xustiza e pola liberdade. 

Os actos a levar a cabo, organizados  polas fillas, fillos, netas e netos dos irmáns Lobeiraa, terán tres momentos concretos como serán:

  • Descubrimento dunha placa conmemorativa na fachada da casa en que naceron e se criaron os irmáns Lobeira.
  • Plantacióncolectiva, por todos os membros da familia, dunha oliveira, símbolo de paz, de memoria, e de orgullo por estas persoas.
  • Xantar de confraternidade.

A quen vai dirixido estea homenaxe de recordo

Nestes actos participará a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) de Marín, cunha intervención da súa presidenta, Enriqueta Otero,  así como de historiadoras do campo memorialístico, como María Torres ou Celso  Milleiro, entre outras, que tamén estarán presentes e iràn dirixidos á memoria dos “Lobeira” que a continuaciòn indicamos:

- Gerardo Lobeira Rodríguez. Combateu contra o franquismo como soldado de infantería na defensa de Bilbao (1936-1937), secuestrou un pesqueiro co que fuxiu á Franza (1937), seguiu combatendo como carabineiro do mar en Catalunya (1937-1939), estivo preso en varios campos de concentración no sur da Franza (1939-1940), e finalmente ingresou na Resistencia Francesa contra a ocupación nazi (1940-1944), até que morreu metrallado (agosto de 1944) no marco dunha misión. Por ese motivo foi declarado heroe nacional da Franza, e o seu nome figura inscrito nun monólito e en varios espazos dese país.

- Manuel Lobeira Rodríguez. Alistouse na Mariña de Guerra Vasca (1936-1937), sobrevivindo a diversos bombardeos e accións bélicas. Segue combatendo en Catalunya en 1937-1938. En agosto de 1938 fai parte da dotación do destrutor "José Luís Díez", co que intenta, dende Le Havre (Franza) pasar o estreito de Xibraltar. O buque recibiu varios impactos de artillería (con baixas) polo que se  refuxiou en Xibraltar (dominio británico). Nun novo intento de saída o buque acaba novamente danado. Por esta acción Manuel foi condecorado polo seu valor polo Goberno da República. Coa  frota republicana exiliouse no norte de África. Alí estivo preso en varios campos de concentración  de Tunisia e Alxeria, dos que fuxiu e participou -xa na Segunda Guerra Mundial- no servizo aliado de espionaxe e intelixencia contra a ocupación. Finalmente puido reconstruír a súa vida como  refuxiado político en México. Non puido volver á Galiza até despois de 1977, coa promulgación da lei de Amnistía.

- Antonio Lobeira Rodríguez. Alistouse na Mariña de Guerra Vasca (1936-1937), onde participou en operacións marítimas en Bélxica de tráfico de armas a prol do exército vasco e da República.  Segue combatendo en Catalunya en 1937-1938. Morre en combate (novembro de 1938) por impacto de bala na batalla do Segre. Os seus restos descansan nunha foxa común en Cervera (Lleida), á  espera da súa próxima exhumación e retorno á Galiza.

- José Lobeira Rodríguez. Alistouse na Mariña de Guerra Vasca (1936-1937), onde participou en operacións de evacuación e rescate de refuxiados en Lekeitio. Segue combatendo en Catalunya en  1937-1938. A partir de 1939 está preso, como exiliado, en diversos campos de concentración no sur da Franza. Finalmente pode reconstruír a súa vida, moitos anos despois, volvendo á Galiza.

- Consuelo Lobeira Rodríguez. Foi unha "nena da guerra", sendo evacuada de Euskal Herria despois  do bombardeo de Gernika. Botou anos como refuxiada cunha familia de Briançon, nos Alpes, tamén no marco da Segunda Guerra Mundial, até que anos despois puido retornar á Galiza. 

- Os seus pais (Manuel Lobeira Laureana Rodríguez), así como o resto de irmáns (Amalia, Fernando, Benito Ángela Lobeira Rodríguez), sufriron as consecuencias da persecución franquista e da estigmatización en Loira. Ese é o motivo que nos leva, décadas despois, a lles render o seu xusto tributo e recoñecemento.

roslev