Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Procedentes de diversos lugares do mundo, os membros da familia Lobeira homenaxean aos seus ancestros en Loira

Carriola.Redacción 12.08.25

julio@carriola.es

Tal como estaba anunicado, o lugar de Loira acolleu un emotivo acto de recoñecemento e dignificación da familia Lobeira coa presencia de sesenta e dous membros da mesma, procedentes de México, Euskal Herria, Canarias e de diversos puntos da Galiza, descendentes (fillos, netos, sobriños, etc.) dos irmáns Lobeira, vidos de todos eses lugares como resultado das consecuencias do exilio. 

A casa onde naceron os irmáns Lobeira, en Montecelo-Loira, loce agora unha placa que a distingue e os familiares declaran ao respecto “Considerámola un lugar da memoria, tanto do punto de vista familiar, como para o conxunto da sociedade. Do mesmo xeito, plantouse colectivamente unha oliveira na entrada da casa, somo símbolo de paz e memoria. Todos os familiares “Lobeira” asistentes xunto con outros familiares confraernizaron nun xantar ao remate do acto. 

 Agradecemento e accións de futuro

A familia Lobeira quere agradecer a quen contribuíron ao éxito da xornada e de xeito especial á Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín e á súa presidenta, Enriqueta Otero, que tomou a palabra, así como aos historiadores Celso Milleiro e María Torres, presentes tamén nestes actos, e a cantos veciños e veciñas de Loira se achegaron tamén a esta celebración. 

 Por outra banda os Lobeira decidiron “Continuar desenvolvendo accións de recoñecemento, divulgación, homenaxe e dignificación da vida e traxectoria dos irmáns Lobeira”. 

 Con nomes e apelidos

Placa instalada na casa dos Lobeira en Loira

Os actos estiveron organizados polas fillas, fillos, netas e netos dos irmáns Lobeira, e en concreto, na memoria de:

- Gerardo Lobeira Rodríguez. Combateu contra o franquismo como soldado de infantería na defensa de Bilbao (1936-1937), secuestrou un pesqueiro co que fuxiu á Franza (1937), seguiu combatendo como carabineiro do mar en Catalunya (1937-1939), estivo preso en varios campos de concentración no sur da Franza (1939-1940), e finalmente ingresou na Resistencia Francesa contra a ocupación nazi (1940-1944), até que morreu metrallado (agosto de 1944) no marco dunha misión. Por ese motivo foi declarado heroe nacional da Franza, e o seu nome figura inscrito nun monólito e en varios espazos dese país.

- Manuel Lobeira Rodríguez. Alistouse na Mariña de Guerra Vasca (1936-1937), sobrevivindo a diversos bombardeos e accións bélicas. Segue combatendo en Catalunya en 1937-1938. En agosto de 1938 fai parte da dotación do destrutor "José Luís Díez", co que intenta, dende Le Havre (Franza) pasar o estreito de Xibraltar. O buque recibiu varios impactos de artillería (con baixas) polo que se  refuxiou en Xibraltar (dominio británico). Nun novo intento de saída o buque acaba novamente danado. Por esta acción Manuel foi condecorado polo seu valor polo Goberno da República. Coa  frota republicana exiliouse no norte de África. Alí estivo preso en varios campos de concentración  de Tunisia e Alxeria, dos que fuxiu e participou -xa na Segunda Guerra Mundial- no servizo aliado de espionaxe e intelixencia contra a ocupación. Finalmente puido reconstruír a súa vida como  refuxiado político en México. Non puido volver á Galiza até despois de 1977, coa promulgación da lei de Amnistía.

- Antonio Lobeira Rodríguez. Alistouse na Mariña de Guerra Vasca (1936-1937), onde participou en operacións marítimas en Bélxica de tráfico de armas a prol do exército vasco e da República.  Segue combatendo en Catalunya en 1937-1938. Morre en combate (novembro de 1938) por impacto de bala na batalla do Segre. Os seus restos descansan nunha foxa común en Cervera (Lleida), á  espera da súa próxima exhumación e retorno á Galiza.

- José Lobeira Rodríguez. Alistouse na Mariña de Guerra Vasca (1936-1937), onde participou en operacións de evacuación e rescate de refuxiados en Lekeitio. Segue combatendo en Catalunya en  1937-1938. A partir de 1939 está preso, como exiliado, en diversos campos de concentración no sur da Franza. Finalmente pode reconstruír a súa vida, moitos anos despois, volvendo á Galiza.

- Consuelo Lobeira Rodríguez. Foi unha "nena da guerra", sendo evacuada de Euskal Herria despois  do bombardeo de Gernika. Botou anos como refuxiada cunha familia de Briançon, nos Alpes, tamén no marco da Segunda Guerra Mundial, até que anos despois puido retornar á Galiza. 

- Os seus pais (Manuel Lobeira Laureana Rodríguez), así como o resto de irmáns (Amalia, Fernando, Benito Ángela Lobeira Rodríguez), sufriron as consecuencias da persecución franquista e da estigmatización en Loira. Ese é o motivo que nos leva, décadas despois, a lles render o seu xusto tributo e recoñecemento.

roslev