Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Rueda anuncia a primeira convocatoria de axudas dunha nova liña para impulsar o relevo seracional na pesca

Carriola.Redacción 12.08.25

julio@carriola.es

O presidente da Xunta que visitou en Cangas o buque Eirado do Costal, Sinalou que a iniciativa contribuirá a que os mozos e mozas poidan ter esa primeira experiencia e que a tradición mariñeira de Galicia se manteña con sabia renovada e anunciou que se prevé publicar o programa o xoves no Diario Oficial de Galicia o que facilitará o embarque que precisan os estudantes para obter os títulos profesionais a través de apoios ás empresas armadoras

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou onte nunha visita en Cangas ao buque Eirado do Costal a primeira convocatoria de axudas desta nova liña para o fomento do relevo xeracional centrada especificamente no eido marítimo-pesqueiro.

Rueda, que estivo acompañado pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, sinalou que con esta iniciativa pioneira se busca que todos os que teñen vocación de enrolarse e ir ao mar poidan comezar a súa andaina profesional, ao tempo que se axuda ás empresas armadoras a acollelos. O presidente incidiu en que “non podemos perder a referencia dun nosos sectores económicos fundamentais e para que siga tendo vida é necesario que se sigan incorporando persoas”.  

Próxima publicación no DOG

Tal e como adiantou Rueda, está previsto que esta nova orde se publique no Diario Oficial de Galicia (DOG) esta mesma semana, concretamente o xoves. O obxectivo é contribuír á incorporación de novos traballadores cualificados ao sector facilitando o embarque que precisan os estudantes para completar a súa formación cos chamados días de mar.

O presidente autonómico, que sinalou que o sector “ten moitos desafíos”, salientou que espera que o novo programa anunciado onte contribúa “a que os estudantes poidan ter esa primeira experiencia e que a tradición mariñeira de Galicia se manteña con sabia renovada”.

Axudas tamén para as empresas

Grazas a este programa, que conta cun orzamento inicial de 350.000 euros, as empresas armadoras recibirán unha axuda para sufragar os gastos nos que incorren cando acollen estudantes que realizan as prácticas. Así, as axudas cubrirán os gastos de manutención e os de equipamento e roupa de traballo, cun máximo de dous estudantes por barco e período de embarque.

Inversión en formacion náutico-pesqueira

A Xunta destina este ano máis de 12 millóns de euros á formación náutico-pesqueira e ensinanzas pesqueiras, e conta con máis de 500 persoas matriculadas nas ensinanzas regradas que se imparten nos catro centros formativos cos que conta a Consellería do Mar: o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, as Escolas Oficiais Náutico-Pesqueiras de Ferrol e Ribeira e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura en Vilanova de Arousa.

Durante a visita, o responsable do Executivo galego agradeceu aos responsables da empresa Moradiña, armadora do Eirado do Costal, polo seu compromiso coas novas xeracións de profesionais do sector do mar. Neste sentido, sinalou que compañías coma esta son fundamentais para lanzar esta mensaxe e que moita xente nova vexa que aquí hai un futuro”.

roslev