Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Museo Torres acolle a inauguración do “Marín de Cine” as 10,30 e no parque azul proxectase ás 21h. “Salvaxe Salvaxe”

Carriola.Redacción. 20.08.25

julio@carriola.es

Os amantes do séptimo arte, cinema e audiovisual teñen hoxe unha importante cita no Museo Manuel Torres onde ás dez e media de mañán arrancará a “Mostra Marín de Cine-Club Audiovisual” coa dirección de Dani Antelo.

O principal responsable desta mostra que chega ao seu cuarto, ano fai unha invitacion a todos a disfrutar deste ciclo no que, segundo explicou na presentación recentemente levada a cabo, a intención é ofrecer pezas para todo tipo de público nun festival que contará, como nas edicións anteiores cos apartdos “Filmes Atlánticos”, “Outras Miradas” e Cinema Xove”. Antelo asegura contar cun récord de  participación neste ano despois de recibir máis de 300 curtas e un total de 42 webseries.

A actividade nesta primeira xornada do festival desenrolarase no museo Manuel Torres na parte matinal co seguinte programa:

- 10.30h. Inauguración da Mostra: Marín de Cine - Club Audiovisual

- 11.00h. Web Series World Cup: Jöel Bassaget

- 12.00h. Webseries galegas: conivdad@s especiais

- 12.30h. Novos Medios: proxeccións

Pola tarde-noite no Parque Azul

O Parque Azul de Cantodarea acollerà ax actividades de tarde e noite con este programa:

- 17.00h. Proxeccións Selección Oficial - Filmes Atlánticos

- 18.00h. Rogelio Santos Queiruga: Especies do noso ecosistema mariño

- 21.00h. Ciclo Mestre Mateo: Salvaxe - Longametraxe documental

(Dirección: Emilio Fonseca)

O Xoves actividade en Santomé, Seixo y Marín

Trala xornada inaugural, a actividade repartirase no día xoves entre as casas de cultura de Santo Tomé de Piñeiro e Seixo para rematar no salón do Hotel Villa de Marín:

Casa de Cultura de Santomé

- 10.30h. Nuska Chousa: Consellos para o coidado da horta

- 12.00h. ALTRI NON - A Batalla Definitiva: proxeción e coloquio da man de

Mavel Ribera, produtora executiva do documental

Casa de Cultura de Seixo

- 17.00h. Marín de Cine: potenciar o local a través do cinema- 18.00h. Máster Class: creación audiovisual

Hotel Villa de Marín

- 21.00h. Ciclo Mestre Mateo: Platónico, Platónica, Véxote, Pura e Nai

Dos programas dos dous últimos días do ciclo daremos cumprida información na nosa publicación de mañan.

roslev