Carriola.Dep.Prv.20.08.25
julio@carriola.es
Marín acolle esta semana un denso programa de actividades relacionadas co cine e o audiovisual que, na súa cuarta edición, conta este ano coa colaboración da Diputación Provincial que aporta un total de catro sesións de longametraxes e curtametraxes no marco da "Mostra do Audiovisual e Cinema 2025", ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual.
Marín acolle esta semana catro citas co mellor audiovisual galego da man do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Todas as catro sesións programadas entre este mércores 20 e o sábado 23 de agosto forman parte, ademais, da Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín.
Programación
A programación do Ciclo Mestre Mateo na Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín comeza este mércores coas seguintes proxeccions:
*DIA 20 mércores ás 21:00 horas coa proxección de “Salvaxe, salvaxe”, de Emilio Fonseca, no Parque Azul de Cantodarea. A cinta adéntrase nos montes de Galicia e Portugal para rastrexar as imaxes e ausencias do lobo ibérico nunha historia cargada de mitoloxía popular. Trátase dun ensaio fílmico, un “anti-documental” de natureza no que aparecen lobos que devolven a mirada á cámara aterrados e humanos que saben ouvear.
*DIA 21, xoves, ás 21:00 horas terá lugar no Hotel Villa de Marín unha sesión coas curtametraxes “Nai”, de Tito Refoxo (a desaparición dunha cativa fai tremer os cimentos da familia Bandín e tan só o plan dunha nai desesperada poderá esclarecer o destino final da súa filla), “Véxote”, de Óscar Pardo e con apoio económico da Deputación de Pontevedra (David e Lola van pasar uns días á casa rural do seu amigo Marcos e no medio da natureza buscan atoparse), “Pura”, de Carmen Méndez (unha muller volve á casa para recordarse e recoñecerse: colle unha cámara, filma por primeira vez e reconcíliase co lugar e coas lembranzas) e “Platónico, platónica”, de Xacio Baño (un documental con inventiva e humor sobre a semiótica da imaxe e que revela o amor polo mesmo acto de filmar).
*DÍA 22, venres ás 22:30 horas proxectarase na Finca de Briz a longametraxe “As neves”, de Sonia Méndez. A historia transcorre nunha vila de montaña onde todos se coñecen. Na noite de Entroido un grupo de adolescentes celebra unha festa na que se drogan con cogomelos por primeira vez, e ao día seguinte espertan cun temporal de neve e coa noticia de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu. A vila queda incomunicada, cae internet e cada vez é más urxente atopala.
*DÍA 23, sábado A programación do Ciclo Mestre Mateo no marco da Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín remata este sábado 23 ás 12:00 horas no Hotel Villa de Marín coa proxección de tres curtametraxes animadas agrupadas nunha sesión infantil: “Avetimología”, de Xosé Zapata (a exploración da conexión entre a humanidade e a natureza a través de imaxes de impacto, nas que se aborda a necesidade de aprender e reconciliarse coa contorna natural), “Noites de prata”, de Soraya Antelo (unha noite Lola sobe ao escenario para gañarse a vida coa súa voz, pero os eventos lévana a abandonar Galicia e habitar as terras que baña o Río da Prata), e “Eu vou comigo”, de Chelo Loureiro (nun punto sen determinar do río Miño, un neno-sardiña cruza a corrente deixando atrás aqueles que celebran o seu enterro co fin do Entroido).