Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Areeiro estima que a campaña da vendima será boa pero alerta de prestar atención a calquera síntoma de botrite

Carriola.Redacción.24.08.25

julio@carriola.es

O prazo para a vendima se acurta e está cada vez máis próxima e o persoal técnico de Areeiro sinala que nalgunha adega do Condado xa se están a recoller as primeiras uvas

Desde a “Estación Fitopatolóxica do Areeirodependente da  Deputación de Pontevedra, a través do novo aviso fitosanitario do persoal técnico, advirte de que o prazo para a vendima segue acurtándose e que cada vez está máis próxima, con algunha adega do Condado recollendo xa as primeiras uvas. En xeral as colleitas continúan en perfecto estado sanitario grazas á meteoroloxía e estímase que haberá unha excelente campaña.

Alerta ante a previsión de precipitacións

Con todo, o persoal de Areeiro alerta da necesidade de prestar especial atención a calquera síntoma de botrite ante a previsión de precipitacións, máis aínda se as eirugas de avelaíñas, as avespas asiáticas e os paxaros incrementan a súa alimentación, pois os posibles danos na uva provocados pola actividade destes podería dar paso ao patóxeno. Nas viñas onde aínda non se vaia vendimar porque a uva non está madura ou é dunha variedade máis tardía, aínda se poden empregar produtos naturais como medio de prevención.

Eliminación de brazos mortos

Por outra banda, nalgúns predios continúan a observarse síntomas recentes de acariose, que tras moitos anos produciu danos de xeito bastante xeral nesta campaña. Ademais, volvéronse a observar síntomas de patoloxías de madeira en novas plantas e en todas as afectadas

perdeuse unha boa cantidade de acios que non só estaban completamente sans, senón que tamén eran de bo tamaño. Lémbrase que é conveniente eliminar as plantas e os brazos mortos o máis axiña posible, para que non contaminen o resto.

O aviso fitosanitario tamén inclúe observacións sobre a captura dun adulto da

Halyomopha halys ou “chinche castaña marmoreada”, que pode alimentarse dunha gran variedade de especies vexetais e causar un grave impacto, e de varios adultos de Cydalima perspectalis, a bolboreta do buxo, acompañados de síntomas. Aconséllase vixiar como evolucionan, aínda que con precipitacións e baixas temperaturas as defoliacións que poidan xerar serán de menor importancia.

A información completa do aviso pódese consultar no sitio web da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.

(Texto e fotos da“Estación Fitopatolóxica do Areeiro”)

roslev