Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Vinteunha “Escolas Deportivas municipais”, que serán presentadas o día 5, funcionarán durante o próximo curso

Carriola.Redacción.27.08.25

julio@carriola.es

O día cinco de setembro ás 16.30 horas será a tradicional festa de presentación das escolas na Alameda e no Parque Eguren onde se ofrecerá unha visión global do contido de cada unha delas para favorecer a elección das familias e os nenos e nenas que vaian participar nelas.

As Escolas Deportivas Municipais volverán co arranque do curso académico, para poder fomentar e achegar unha ampla oferta deportiva á rapazada de Marín.

Aínda que será o venres 5 de setembro cando se faga a tradicional presentación oficial das escolas, o concelleiro de Deportes,

Antonio Traba, xa adiantou cales serán as modalidades que se ofertarán este ano, que son:

Paddle Surf:  Imua Paddle Surf Club en Aguete

Fútbol sala: Marín Futsal e Club Deportivo La Peña nos pavillóns do Sequelo, Cañota, Illa de Tambo e San Narciso

Atletismo:  Club San Miguel no Estadio Municipal de San Pedro

Taekwondo: Club Mats Taekwondo, na Rúa Inferniño, 10

Triatlón: Club Deportivo Pinarium, na Escola Naval Militar e Piscina Municipal

Voleibol: Club Deportivo SEI San Narciso no Pavillón Colexio San Narciso

Baloncesto: Club Baloncesto PeixeFresco Marín no Pavillón da Raña

Ximnasia rítmica: Club Rítmica Agarimo no IES Illa de Tambo y Club Rítmica Inmare, no IES Mestre Landín

Remo: Club de Remo Ría de Marín, no  Porto de Marín

Kickboxing Asociación de Boxeo de Pontevedra, no CEIP Carballal

Ximnasia acrobática: Club Ximnasia Vila de Marín, no Pavillón do Colexio San Narciso

Natación:Soom Management, na Piscina municipal

Vela: Real Club Mar de Aguete, no Porto de Aguete

Judo Club Dom+ Judo Marín, no Pavillón da Raña

Fútbol: Escuelas de Fútbol Villa de Marín no Estadio Municipal de San Pedro

Tenis: Club de Tenis Marín, no Pavillón da Laxe

Boxeo olímpico Team Thunder, noPavillón da Raña

BTT: Clube XSM, no Chan de Gagán

Piragüismo: Club Piragüismo Tambo, no Porto de Marín

Pilates Gestión de instalaciones, no  Pavillón Colexio San Narciso

Salvamento:Club SAPO Pontevedra, na Piscina municipal

Procedemento de inscricións

O procedemento de inscrición é o mesmo ca en anos anteriores. O prezo da actividade para o participante será de 55 euros para todo o ano (desde o 1 de outubro ata o 31 de maio), que deberán abonarse directamente ao club ou entidade organizadora, segundo a forma de inscrición establecida por cada un e da que se informará no evento de presentación no que se repartirán os impresos de inscrición, que tamén estarán a disposición das entidades organizadoras durante o prazo de inscrición,que irá do 8 ao 19 de setembro. Asemade, poderá accederse a eles a través da web do Concello de Marín.

roslev