Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello abre a licitación para instalar o alumeado de Nadal cunha inversión prevista de máis de cen mil euros

Carriola.Redacción.27.08.25

julio@carriola.es

Parece que foi onte cando andabamos a líos de opinións contrarias sobre as luces do Nadal pasado e , entre elas a corna da Praza de Esaña e xa estamos abocados a un novo tempo navideño que o concello inicia pola contratación da instalación das luces polo que, as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 3 de setembro e deberán apostar, polo menos, por un 80% de LED nos elementos decorativos.

O Concello de Marín te aberta a licitación para poder iluminar do xeito máis bonito posible a vila nunha das épocas de maior maxia do ano: o Nadal. Para iso, investirá 108.900 euros, que se suman ao resto de decoracións que enchen de cor e de espírito de Nadal as rúas e prazas da vila.

As empresas que estean interesadas en concorrer á licitación poderán acceder aos pregos a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, onde han de presentar as súas ofertas ata o 3 de setembro.

Características e condicións

Tal e como se recolle no documento técnico, ademais de cumprir coa normativa actual, aos licitadores esixiránselle unha serie de características técnicas e estéticas dos motivos a instalar, tendo especial peso o criterio de sostibilidade, apostando pola implantación de novas tecnoloxías de menos consumo enerxético. Para iso, polo menos o 80% do alumeado instalado debe ser de tecnoloxía LED.

O deseño da iluminación debe estar acorde co municipio e cubrir o maior número de rúas, prazas e zonas dispoñibles e que inclúa certas unidades singulares. Os elementos decorativos deberán ter harmonía cromática

Ademais, as empresas licitadoras deberán presentar un plan detallado de instalación, indicando con claridade a planificación de montaxe e desmontaxe,tratando de minimizar ao máximo a afección ao tráfico e á cidadanía e sen sobrepasar o prazo dunha semana.

 

roslev