Carriola.EdM/C..27.08.25
julio@carriola.es
Do 1 ao 12 de setembro desenvolverase a campaña “A Volta ao Cole con Estrela”, organizada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e o Concello , que rematará cunha gran festa infantil e un sorteo de 1.000 euros en premios.
Marín prepárase para recibir o novo curso escolar cunha iniciativa que encherá as rúas de diversión, dinamización comercial e premios. Do 1 ao 12 de setembro, todas as persoas que realicen compras no comercio local poderán rexistrar os seus tickets e participar no
sorteo de 1.000 euros en vales de compra. (https://www.estrelademarin.gal/a-volta-ao cole-estrela/)

Premiar a confianza e fidelidad dos clientes
A campaña, impulsada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín coa colaboración do Concello de Marín e cofinanciada pola Xunta de Galicia, busca premiar a confianza da clientela e animar as compras nos establecementos da vila coincidindo co regreso ás aulas.
Actos da festa do día 12
O venres 12 de setembro terá lugar a gran xornada de actividades de rúa na Alameda Rosalía de Castro e no Parque Eguren coa seguinte disposición;
A partir das 16:30 h.
* Para crianzas de 0 a 6 anos: inchables, ludoteca creativa e pintacaras.
* Para crianzas de 7 a 12 anos: rocódromo, inchables e obradoiros.
A partir das 18:00 h.→ Busca do Tesouro, unha actividade lúdica e participativa que convida ás familias a xogar e explorar o comercio local.
A partir das 19:30 h. no Parque Eguren→ Gran Festa da Espuma, un dos momentos máis esperados polas crianzas e mocidadeA partir das 20:30 h.→ Sorteo presencial de 1.000 € en vales de compra entre todas
as persoas participantes que rexistrasen os seus tickets. Todas as actividades son de balde, pero requiren a presentación dun ticket de compra do comercio local de Marín (admitirase calquer tícket dentro do periodo da campaña)
Con esta programación, o CCA Estrela de Marín consolida a súa aposta por dinamizar o comercio de proximidade e ofrecer unha alternativa de lecer familiar que une consumo responsable e diversión.