Carriola.Redacción.27.08.25
julio@carriola.es
A Asociación Cultural e Deportiva “Gharaboto” que preside Luis Camiña e que leva tempo recuperando os xogos máis tradicionais e popularmente competitivos como é a petanca, dacordo co Concello, organiza un torneo solidario para os días 30 e 31 deste mes, a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro
Será o “I Torneo Solidario de Petanca” con este destino solidario no que a recadación que se consiga ao longo do fin de semana, será dirixida á delegacnion en Marín da AECC.

Luis Camiña, presentóu o evento xunto coa concelleira Cristina Acuña e dúas persoas da devendita delegación marinense, Emilia Rey e Amparo Fandiño, anunciando que a competición levarase a cabo no aparcamento da Laxe. Camiña explicou que cada xogador ha de aportar unha cota de cinco euros que se destinarán íntegramente a AECC, e as inscricións han de facerse a maior brevidade posible para levr a cabo a mellor organziación do evento.

O teléfono de contacto para facer ditas inscricións é o 680 531 760.