Carriola.Redacción.27.08.25
julio@carriola.es
A Asociación de Veciños do Monte Penizas doará ao Concello un cadro no que o fotógrafo pamplonés recrea a toma do Forte de San Fernando por parte das Alarmas do Morrazo nun acto que terà lugar o martes 2 de setembro no Museo Torres, xunto cunha exposición doutro libro de Bru sobre navíos da Armada Española.
O fotógrafo especializado en recreacións históricas a través da técnica do fotorrealismo,

Jordi Bru (Pamplona, 1967), inspirouse na fazaña dos homes e mulleres valentes de Marín que, unidos nas Alarmas do Morrazo, enfrentáronse ás tropas francesas o 4 de abril, Día da Liberación, para reconquistar a nosa vila.
Esta inspiración foi posible grazas á mediación da Asociación de Veciños do Monte Penizas, a través do seu presidente, colaborador de Carriola coa súa sección de relatos da historia, José Iglesias.
A entidade veciñal, promotora desta iniciativa, doará o cadro de
Bru ao Concello, nun acto que se celebrará o martes 3 de setembro a partir das 20.00 horas no Museo Torres.

No espazo museístico reuníronse Iglesias e a concelleira Itziar Álvarez para preparar todo de cara a este acto, no que se procurará coñecer máis sobre a historia e o protagonismo da sociedade marinense nesta xesta acontecida en abril de 1809.
De achegar ese contexto histórico encargarase o propio Iglesias, que despois dará paso a unha intervención do artista, na que explicará con detalle como é o seu proceso de traballo, co que consegue imaxes hiperrealistas que serven de ferramenta gráfica idónea para coñecer máis sobre a nosa historia.