Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Hoxe, as sete e media da tarde, proxectase “Aurora”, a segunda película dos “Martes de Cine” na Biblioteca Pública

Carriola.Redacción.30.09.25

julio@carriola.es 

Os aficionados ao cine e ao audiovisual teñen hoxe por la tarde, desde as sete e media, a ocasión de desfrutar dunha nova proxección na Biblioteca Pública do ciclo que se iniciou a pasada semana con “+Cuñados”.

Nesta ocasión tràtase da película “Aurora” de cuio contido a información recibida apunta que Aurora e Area, mulleres achegadas de mundos totalmente dispares e con gran  diferenza de idade entre elas, establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversacións ligadas á morte, a familia, a guerra e o papel da muller”.

A duración desta película, finalista dos Mestre Mateo como “Mellor Documental”, é de sesenta e cinco minutos para público maior de doce anos.

O cinema galego, da man do esta presente en Marín no ciclo “Martes de Cinema”, unha

proposta para achegar á veciñanza local os filmes seleccionados dentro dos Premios Mestre Mateo, da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar o aforo do salón principal da Biblioteca Vidal Pazos.

roslev