Carriola.Redacción.30.09.25
A alameda “Rosalía de casrtro” acollerá hoxe, desde as dez e media de mañán, un acto público de presentación do “Escaparate Estrela”, unha nova campaña promocional do comercio local, acto que en caso de chuvia trasladarase ao Museo Torres
Os asistentes ao evento da presentación do “Escaparate Estrela” descubrirán o contido dunha nova promoción dos comerciantes asociados en Estrela de Marín, acto en que estará presente o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, xunto coa alcaldesa marinense María Ramallo e a presidenta de Estrela de Marín Catalina Conde Manso.
No programa da presentación habrerá intervencións dos representantes institucionais previa á proxección do “Spot” oficial da campaña coa correspondente presentación tamén das novidades da mesma como serán a mascota “Estrelin”; explicación da mecánica da campaña e a presentación da APP “Comercio de Marín”.
Unha mostra do festival de maxia a cargo do “Mago Paco” e a dinámica de ilusionismo en vivo dará paso áo descubrimento oficial do rótulo “Escaparate Estrela” no baixo comercial.