Carriola.Redacción.01.10.25
O “Centro de Atención a Persoas Maiores” de Marín realiza un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público dende hoxe mércores, 1 de outubro, ata o 17 de decembro de 2025.
O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, pertencente á Rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, realizará dende hoxe mércores 1 de ata o 17 de decembro de 2025 un obradoiro de Achegamento as Novas Tecnoloxías en horario de mañá, dende as 11:00h ata as 12:00h, na Casa de Cultura de Seixo.
Segundo indican desde o centro organizador, “O obxectivo deste obradoiro é ofrecerlle á comunidade os nosos servizos e contribuír no benestar social das persoas maiores do municipio e, con este obradoiro, pretendemos brindar apoio ás persoas maiores no uso das novas tecnoloxías para que poidan desenvolverse na súa vida diaria e sexan coñecedores tanto das utilidades e beneficios como dos perigos e limitacións do seu uso”.
A Casa de Cultura de seixo atópase na Rúa Ángel Araújo Escribano nº 8 e o teléfono de contacto para anotarse é o 636 578 034 sendo preciso chamar ou mandar unha mensaxe para facer a inscripción.