Carriola.Redacción.01.10.25
O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, presentou onte, a campaña “O Escaparate Estrela”, a iniciativa máis ambiciosa da historia do comercio local, co obxectivo de incentivar as compras no comercio local e premiar a fidelidade da clientela.
Interviron no acto de presentación a concelleira de Comercio, Cristina Acuña,

a presidenta de Estrela de Marín Catalina Conde; o delegado da Xunta Agustín Reguera e a alcaldesa de Marín María Ramallo que destacaron, desde distintos puntos e vista, a importancia de este tipo de iniciativas dinamizadoras do comercio local.
Segundo as explcacións que se deron no transcurso do acto, “Desde o día 1 ao 11 de outubro, as persoas que realicen compras nos establecementos participantes e acumulen un mínimo de 60 € en tickets de compra , poderán rexistrar a súa participación para intentar acertar, sen pasarse, o prezo xusto do “Escaparate Estrela”, un premio valorado en miles de euros e composto por máis de 100 produtos e servizos do comercio asociado”.
Jonathan Carreira, xerente do centro comercial aberto, manifestou que “A campaña, que conta coa colaboración do Concello de Marín e o cofinanciamento da Xunta de Galicia, preséntase como unha oportunidade para visibilizar a diversidade e a calidade da oferta comercial da vila polo que, o CCA Estrela de Marín anima a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa entre as datas 1 e 11 de outubro”.
Cómo participar
Os participantes na campaña deberán acumular tickets de compra ata 60 € e rexistralos
segundo as bases da establecidas, rexistrándose, ademáis, na aplicación Comercio de Marín co que gozarán dunha oportunidade a maiores para poder
acertar o valor do escaparate para o que, o día 11 de outubro, ás 11 horas, habilitarase o formulario para poder rexistrar os tíckets de compra e intentar acertar dito valor.
Valorado en miles de euros
O premio do “ Escaparate Estrela”está valorado en miles de euros, e será entregado ao finalizar unha gran gala, que presentará a artista Lucía Pérez que comezará ás 19 horas do sábado 11 de outubro. En dita gala, Lucía interpretará o tema musical composto para esta campaña e estará acompañada por unha coreografía dirixida pola artista marinense Iria Calvar.
Festival de maxia infantil
A campaña contén o “Festival Internacional de Maxia Infantil de Marín”, que tamén foi presenado onte na súa segunda edición polo Mago Paco, e tamén haberá outras moitas actividades que se levarán a cabo durante a xornada do día 11 de outubro, contribuindo a crear en Marín, un escenario de ilusión.
Unha aplicación informativa
Toda a información, establecementos adheridos e bases da campaña poden consultarse a través da aplicación “Comercio de Marín” ou na web do CCA: https://www.estrelademarin.gal/o-escaparate-estrela/