Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Estrela de Marín entrega outro premio da campaña comercial e hoxe os alumnos de Chan do Monte participan na "Busca do Tesouro"

Carriola.CCA Estrela.30.09.25

julio@carriola.es 

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín continúa coa súa aposta pola innovación e a dinamización comercial a través da “Campaña Estrela”. Hoxe, venres 3 de outubro, desenvolverase unha actividade moi especial de gamificación na que participarán 30 alumnos e alumnas de 2º curso do Ciclo Superior de Marketing e Publicidade do IES Chan do Monte.

A actividade consistirá nunha busca do tesouro polos establecementos participantes na campaña estrela, na que o alumnado deberá superar probas e retos en diferentes comercios, recoñecendo o seu papel clave na vida económica e social de Marín. Esta experiencia permitirá aos estudantes coñecer de primeira man o tecido comercial da vila, ao tempo que aplican dinámicas de xogo vinculadas ao mundo do marketing e da publicidade.

Segundo destaca a presidenta do CCA Estrela de Marín, Catalina Conde,, “esta colaboración con centros educativos como o IES Chan do Monte permítenos achegar o comercio local á mocidade, fomentando valores de consumo responsable e poñendo en valor a importancia de mercar en Marín”.

Campaña Estrela con sorteos mensuais

Esta acción de gamificación enmárcase dentro das actividades de dinamización da campaña Estrela que busca impulsar as vendas, captar novos públicos e reforzar a conexión da veciñanza co comercio local.

Os estudantes virán acompañados polos docentes Marta Pollán do departamento de FOL, Antonio Orosa e Almudena Orjales do departamento de Comercio e Marketing do IES Chan do Monte.

A campaña estrela, sortea nesta edición 900€ a través de 6 sorteos mensuais. A gañadora do mes de setembro foi Pilar Fernández Míguez que recolleu o seu premio en Bebé Katy, un dos tres establecementos onde selou a súas tarxeta. Os outros foron Green&Grey e Inés Marcos

roslev