Carriola.CCA.Est.de Marín.04.10.25
Preto de 30 alumnos e alumnas de 2º curso do Ciclo Superior de Marketing e Publicidade do IES Chan do Monte participaron onte nunha actividade de gamificación enmarcada na “Campaña Estrela”, organizada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín.
A proposta consistiu nunha busca do tesouro polos establecementos participantes, na que o alumnado tivo que superar diferentes probas e retos para avanzar no xogo. Grazas a esta experiencia, os estudantes puideron coñecer de preto o tecido comercial da vila e descubrir a importancia do comercio local como motor económico e social.

Ao rematar a actividade, o equipo gañador recibiu unha tarxeta regalo de 100 € e o segundo clasificado outra de 50 €, ambos premios para gastar nos establecementos locais asociados. Ademais, todos os participantes levaron unha bolsa reutilizable coa imaxe da APP “Comercio de Marín” e un flyer coa programación da campaña O Escaparate Estrela.
Desde o CCA Estrela de Marín destacan que esta colaboración con centros educativos supón unha oportunidade única para achegar o comercio local á mocidade, fomentar valores de consumo responsable e difundir a relevancia de mercar en Marín.
Esta acción forma parte das actividades de dinamización da Campaña Estrela, que buscan impulsar as vendas, atraer novos públicos e reforzar a conexión da veciñanza cos establecementos locais, fidelizando á clientela co sorteo mensual de 150€.
A campaña, conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia