Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Hoxe, as sete e media da tarde, proxectase “Honeymoon”, a terceira película dos “Martes de Cine” na Biblioteca Pública

Hoxe, as sete e media da tarde, proxectase “Honeymoon”, a terceira película dos “Martes de Cine” na Biblioteca Pública

Carriola.Redacción.07.10.25

Os aficionados ao cine e ao audiovisual teñen hoxe por la tarde, desde as sete e media, a ocasión de desfrutar dunha nova proxección na Biblioteca Pública do ciclo que se leva a cabo durante este mes na sala de proxeccións .

Nesta ocasión proxectarase “Honeymoon , a historia de Eva e Carlos que son un matrimonio en destrucción. Unha parella en ruinas. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, mantennos unidos, pero morre nun accidente absurdo nos Estados Unidos. Como xestionar e superar algo así, cando xa nada te une?.

A pelicula ten unha duracion de 86 minutos e está clasificada para maiores dos 12 anos Resultou finalista nas categorías de: Mellor longametraxe, Mellor interpretación feminina de reparto, Mellor guión, Mellor interpretación masculina de reparto, Mellor dirección, Mellor interpretación masculina protagonista, Mellor dirección de fotografía, Mellor montaxe, Mellor son e Mellor vestiario.

O cinema galego, da man do esta presente en Marín no ciclo “Martes de Cinema”, unha proposta para achegar á veciñanza local os filmes seleccionados dentro dos Premios Mestre Mateo, da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar o aforo do salón principal da Biblioteca Vidal Pazos.

roslev