Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

El Ateneo anuncia la representación de "A pequena Cabana" en el IES Illa de Tambo

Carriola. Ateneo Santa Cecilia. 08.10.25

O Ateneo Santa Cecilia ten o pracer de convidar a todo o público á representación da obra de teatro "A pequena cabana", unha adaptación da comedia de André Roussin, a cargo do grupo de teatro A.C. Fonte da Tella de Soutomaior. A función terá lugar o vindeiro venres, 10 de outubro, ás 20:00 h, no auditorio do Instituto Illa de Tambo.

Esta divertida obra mergúllanos na historia dunha parella e o seu amigo que, tras o naufraxio do cruceiro no que estaban de vacacións, acaban sós nunha illa. Unha situación disparatada que promete unha velada chea de risas. O equipo artístico está conformado por Salvador Álvarez, Suso Fernández, Cristina Brísimo e Carlos Cerviño. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Esta actividade é posible grazas á colaboración da Deputación de Pontevedra.

roslev