Carriola. Jesús Javier Martínez Epifanio 08.10.25
Vai mais dunha decada, algo mais de catorce anos, polo 2011, María Ramallo Vázquez é elexida Alcaldesa pola Corporación. Tempo dabondo para facer unha revisión da mudanza radical que diseñou o Novo Marín. despois de tantos e tan fructiferos anos. Aferrareime os datos para evitar xuizos de valor. Por decilo dun modo un pouco sobrado: un método cientifico, lonxe – na medida do posible - de fobias e filias. Imos darlle, se mo permiten un ou dous “anos de graza ou cortesía” ó Goberno Municipal que se conforma no 2011: o do Partido Popular. Parece tempo dabondo ó tempo que amosa a galanura das nosas reflexivas intencións. Unha realidade, unha mudanza, calquera transformación non pode perder de vista a comparanza de datos: mirar para outros, os nosos veciños, e analizar si vamos mellor, igual ou peor. Esta metodoloxía afasta a tentación do “si pero ...” dado que os nosos veciños de Cangas, Pontevedra, Bueu, Ponte Caldelas ou Vilaboa viven nun contexto social e económico moi parecido ó noso, cando non idéntico.
A poboación, a xente, a súa cantidade ou cualidade e un valor primordial; e maís na Galiza que esmorece demográficamente. A cualidade é dificil de valorar, supoñamos igual para todos e todas. É a poboación, a xente, a cidadania, suxeito e obxecto da política municipal. A súa situación, inquedanzas, perspectivas terían que selo Norte que guía acción Municipal. A cantidade é outra cousa: medramos, mantemos o tipo, vamos a menos...? . É un indicador de avance , pausa ou retroceso como comunidade socio política, como concello ou , si quer, como Axuntamento ou Municipio ?. É “a nosa xente”, ca que enchemola boca cando por ahí vamos falando de Marín e de nós. Maravilloso grupo human: os e as marinenses. Analizando os datos de pobación dos concellos cos que lindamos e lidiamos aparecen datos absolutamente preocupantes, case aterradores: falase de cotio da despoboación da Galicia interior , da Galicia rural, e – sorprendente e miserablemente – o dato de Marín supera, e moito, os datos dese “prodixioso decenio” do que falabamos antes.
E nada pasa ou parece pasar. Somos, os marinenses, un grupo humano en vías de extinción. Os datos o confirman. En Galicia, esa comunidade con tan fondos problemas demográficos e de despoboamento,votamos as mans a testa cando oimos falar diso. O dato é irrefutable: nos derradieros 12 anos Galicia perdeu o 3,27% da súa poboación. ¿Qué lles parece?, a min terrible. Na nosa contorna os concellos de Bueu, Cangas, Vilaboa, Poio, Pontevedra , Moaña, Cangas ou Pontecaldelas reflicten unha variación media da poboación do +0,34%. Ou sexa, dez veces menos – aproximadamente – que o despoboamento de Galicia. Non vamos ben, pero tampouco vamos mal, coma galegos. ¿E Marín?. Como sempre para o final. O dato de Marín é sorprendente e , xa o dixen, mesmo aterrador: Marín perdeu nos 12 últimoa anos un 5,98% de poboación, non é “mais poboación” é “moita menos poboación”.
Marín ten un -5,98 % de poboación menos que hai doce anos. Somos, nesto sí os ganadores de Champions Poboacional: duplicamos casi o índice de perda de poboación de Galicia, que xa se sabe que vai como vai, e multiplicamos por 20 – por vinte, repito – a perda de poboación media dos concellos do noso contorno. Neste ameto, o demográfico, podese afirmar sen dubidas de ningún tipo que estamos moito pior que o conxunto do país, e a anos – que parecerán séculos – dos concellos da nosa contorna. ¿Ten algo que ver o Partido Popular?: desde logo que non. En calquera caso será o Goberno Municipal e a súa máxima representación o que tera que explicar as causas e consecuencias deste dato. ¿Incrementou Marín o seu “capital humano”?. Non, dende logo en cantidade; perdemos valiosisimos activos humanos que se diluen no medre dos municipios da contorna. ¿É esa unha politica, en xeral, e demográfica , en particular, que podamos denominar boa, excelente, construtiva ou é..... ? . Califiquea vostede de cero a dez. Neste eido un non da para maís. Chegame co funesto e catastrófico dato do despoboamento acelerado; 20 veces mais rápidos que os concellos da contorna.
N.B.: Datos elabourados a partires dos oficiaís do Instituto Galego de Estatísca