Carriola.Redaccion.17.10.25
O inxerto en árbores frutais e tamén na vila é case sempre unha necesidade non exenta de arte para levalo a cabo nas mellores condicións e co mellor resultado
E para dar a coñecer o segredo e a práctica do inxerto, a “Asociación Cultural e Gastrónómica Aldea do Cunqueiro” anuncia a posta en marcha no iglesari de Santomé, dun curso intensivo entre os días 4 e 22 de novembro para todos os interesados en adquirir os coñecementos e a práctica desta maneira de mellorar o rendemento dos frutais e da vide.
Desde o colectivo organizador indícase que o número para facer a inscripción imprescindible é o 626.467.967 desde o que se facilitará, no seu caso, toda a información que precisen os interesados chamando entre as 20.45 e as 22.30 horas