Carriola.Redacción.10.02.26
Esta semana os centros escolares dedican parte do seu tempo a preparar o Entroido incrustado nos programas educativos da cada un coa organización de actos a maior parte deles de xeito interno pero nalgúns casos, con proxección exterior como anuncia o CEIP de Seixo
O venres culminará en cada centro escolar, a preparación do Entroido e na maioría deles, celebraranse actos de carácter interno poñendo en valor os traballos e preparacións programadas realizadas ao longo, principalmente, desde semana.
Tal é ocaso del colegio público de Seixo que, coa colaboración da ANPA que ao longo da semana velen realizando o “mandadiño” co que os alunos han de cumprir ordes en canto a vestidos segundo as indicacións que reciban a cotío. Finalmente, o venres, contando que o tempo climatolóxico deixe, protagonizarán un desfile pola parroquia vivindo o seu Entroido fora da escola en compañía dos nenos e nenas da “Galiña Azul”.
Desfiles para todos
Por outra banda, os nenos e nenas de Marín teñen unha cita especial para eles como é a do desfile do sábado que empezará na alameda e rematará no parque Eguren cunha gran festa.
O domingo será o gran desfile pola tarde de comparsas, grupos, parellas e individuais, con saída do Regueiro e remate tamèn no Eguren, todo elo dependendo tamén do tempo que faga. Previamente, pola mañán, as comparsas subvencionadas de Marín estarán presentes na zona da alameda recuperando así unha tradición que anima as rúas no domingo de carnaval.
Outros actos
Pero ese non será máis que o comenzo do noso Entrpoido porque, o mesmo venres, día 13, será a xornada dos Cantos de Taberna, liderada por “Os Saljariteiros” que estaàn acompañados de outras dúas agrupacións invitadas.
E, na próxima semana, haberà festa infantil dia do tartazo, concurso de filloas e orellas e o Enterro da Sardiña, o mércores de cinza, ainda que quedarán para próximos fins de semana os desfiles de Seixo y San Xulián entre outros actos.