Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Memoria Histórica” programa unha conferencia de Xosé Novas no Museo e a celebración do “Día da República”

Carriola.Redacción.05.04.26

julio@carriola.es   

A “Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín”  organiza o vindeiro venres, día 10, a conferencia "Os concellos do Morrazo na República (1931-1936)" que ofrecerá Xosé Novas Piñeiro, membro da Asociación Amigos de Johan Carballeira, de Bueu. O acto terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres ás 20:00 h. e, segundo indican desde a propia ARMH de Marín, Trátase dun traballo de investigación histórica a través dos Libros de Actas das Sesións de Plenos dos concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña; unha documentación fundamental para o estudo e coñecemento da historia da nosa comarca, pois recolle cronoloxicamente os feitos políticos, sociais, económicos, culturais e de calquera outra índole que sucederon nestes municipios naqueles anos decisivos.
Aniversario II República

Asistentes ao acto celebrado na Pedra da Liberdade  o14.04.2010
Por outra banda, o colectivo marinense anuncia a celebración do “Día da República para o martes día 14, ás 19:00 h.,  acto anual  conmemorativo do aniversario da II República que terà lugar no entorno dos xardíns ao lado do Concello, a carón da Pedra da Liberdade.

roslev