Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Mañá luns comenzan as “X Xornadas de Protección do Patrimonio de San Xian” coa vista posta na comunidade educativa

Carriola.Redacción.15.11.26

julio@carriola.es 

Tal como anunciamos en Carriola días atrás, o Colectivo Monte Pituco (Pornedo)” celebra este ano a décima edición das Xornadas de protección e posta en valor do patrimonio de San Xián que dedícanse este ano a involucrar a comunidade educativa no coñecemento, na difusión e na defensa da riqueza histórica e cultural desta contorna.

E, mañá luns iníciase o programa de actividades, co lema "O noso patrimonio, a nosa escola", que comeza no CEIP Carballal este 16 de novembro -Día do Patrimonio Mundial- cunha exposición bibliográfica sobre literatura de natureza, historia, arqueoloxía e antropoloxía.

Seguirán cunha charla dos marinenses Ana Acuña e Álvaro Arizaga, unha ruta de sendeirismo e a homenaxe ao activista Xan Montenegro, que lle dá nome a este ciclo.

Na nosa información anterior recollíase a nota íntegra de “Monte Pituco” na que se explicitaba o contido total da celebración, información que tamèn se pode recabar web

https://montepituco.com/2026/11/07/x-xornadas-de-patrimonio-de-san-xian/

roslev