Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Alumnado marinense e italiano compartiràn hoxe unha actividade de gamificación organizada por “Estrela de Marín”

Carriola.Jonathan Carreira (*).07.05.26

julio@carriola.es     
O CCA Estrela de Marín achega o comercio local ao alumnado de Marín e Italia a través dunha actividade de gamificación A iniciativa desenvolverase mañá no marco da campaña Comercio e Letras, cofinanciada pola Xunta de Galicia e contará coa participación de alumnado do IES Chan do Monte e do Instituto Técnico Statale “Aterno-Manthoné” de Pescara

Jonathan Carreira

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín desenvolverá mañá unha actividade de gamificación comercial dirixida ao alumnado do módulo de Dinamización do Punto de Venda do Ciclo Medio de Actividades Comerciais do IES Chan do Monte de Marín, na que tamén participará alumnado de Erasmus do Instituto Tecnico Statale “Aterno-Manthoné”, procedente de Pescara, Italia.

A actividade contará coa participación de 16 alumnas e alumnos e 3 docentes do centro marinense, así como de 4 estudantes e 2 profesores do instituto italiano, que compartirán unha experiencia práctica no comercio local de Marín.

Esta acción enmárcase dentro da campaña Comercio e Letras, cofinanciada pola Xunta de Galicia, e forma parte da estratexia do CCA Estrela de Marín para achegar as bondades do comercio de proximidade a un público máis novo, reforzando ao mesmo tempo a súa dimensión educativa, cultural e social.

A través dunha dinámica de gamificación en contorna real, o alumnado terá a oportunidade de coñecer diferentes establecementos da vila, observar técnicas de venda e atención ao cliente, e aplicar coñecementos vinculados á dinamización comercial e á posta en valor do punto de venda.

Obxectivos da actividade

Entre os obxectivos da actividade destacan a aplicación práctica de técnicas de dinamización comercial, a observación de estratexias de venda en comercios reais, o fomento da comunicación nun contexto profesional, o coñecemento do tecido comercial de Marín e a promoción do intercambio cultural e do traballo colaborativo entre alumnado galego e italiano.

Desde o CCA Estrela de Marín destacan que esta iniciativa “permite conectar o comercio local coa formación profesional e coa mocidade, facendo que o alumnado descubra o valor económico, social e humano dos establecementos de proximidade”. Ademais, a presenza do alumnado Erasmus “engade unha dimensión internacional moi enriquecedora, que favorece o intercambio de experiencias e a aprendizaxe compartida”.

A actividade tamén busca reforzar a idea de que o comercio local é un espazo vivo, próximo e diverso, no que se combinan atención personalizada, identidade local, profesionalidade e capacidade de adaptación. Deste xeito, o CCA Estrela de Marín continúa avanzando na súa liña de traballo para visibilizar o comercio da vila e fomentar a súa conexión coas novas xeracións.

A campaña Comercio e Letras combina dinamización comercial, cultura, lingua galega e participación cidadá, poñendo en valor o papel do comercio de proximidade como axente activo na vida social e cultural de Marín.

(*)Yonathan Carreira Figueiras –Director Xerente Centro Comercial Aberto Estrela de Marín

roslev