Carriola.CdM.09.05.26
julio@carriola.es
O Concello está traballando na humanización da parcela, de case 800 metros cadrados, que quedou resultante da demolición do Mercado de Cantodarea que ven de rematarse, cumprindo así unha demanda histórica da veciñanza desta zona e abrindo novas posibilidades para o barrio.
De feito, nestes momentos o Concello está a traballar na próxima urbanización da parcela que, atendendo ás peticións dos veciños e veciñas, tratará de englobar un novo espazo verde, de esparexemento e de encontro; así como dotar ao lugar de aproximadamente 20 prazas de estacionamento (incluíndo de mobilidade reducida), que ata o de agorar non existían.
Ademais, a estrutura urbana da parcela permitirá unha reordenación da circulación de vehículos, para que se poida acceder desde o vial existente pola Rúa Concepción Arenal e creando unha saída a través da nova praza a executar.
Tamén se instalará novo arborado urbano, toda unha zona axardinada, bancos e mobiliario urbano para que tanto persoas maiores como nenos e nenas e calquera persoa poida gozar deste novo espazo, de case 800 metros cadrados.