Carriola.09.05.26.
julio@carriola.es.
MARÍN DESPIDE UNHA PANADERÍA MÍTICA: OUTERELO PECHA AS SÚAS PORTAS
J.I.
Marín perde este mes un deses negocios que forman parte da memoria colectiva de varias xeracións. A Panadería Outerelo pechará definitivamente as súas portas o próximo 30 de maio por xubilación, deixando atrás moitas décadas de traballo, esforzo e, sobre todo, sabor artesán.
Nun tempo no que cada vez abundan máis os produtos industriais e desaparecen os pequenos obradoiros tradicionais, despedimos un lugar onde
o pan aínda sabía a pan, onde as roscas eran feitas con mimo e paciencia, e onde as tortas de rixóns conservaban ese sabor auténtico que nos transporta á infancia e ás tradicións da nosa terra.
Outerelo non foi só unha panadería. Foi un punto de encontro, unha referencia para veciños e, un establecemento no que cada fornada levaba detrás madrugadas de traballo silencioso e unha maneira honesta de entender o oficio.
Por iso, Marín non só perde un comercio; perde unha pequena parte da súa identidade gastronómica e humana.
Queremos trasladarlle a Paco Outerelo o noso máis sincero agradecemento por ese bo traballo durante tantos anos, por manter viva a tradición artesá e por ofrecer sempre produtos feitos con dedicación e cariño.
Desexámoslle unha feliz e merecida xubilación, coa certeza de que o recordo do seu forno seguirá presente en moitas mesas e en moitos corazóns de Marín.
Grazas, Paco.