Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Cine Club Marín” inicia a súa andadura mañán día 21 co primeiro ciclo dedicado a figura de Chano Piñeiro

Carriola.CC.deM.20.05.26

julio@carriola.es     

Cineclub Marín iniciará oficialmente a súa actividade pública coa celebración das Xornadas arredor da figura de Chano Piñeiro, un ciclo especial de cinema e coloquio que terá lugar mañán 21 e o venres 22 de maio no salón de actos da Biblioteca Pública de Marín contando coa participàción da actriz Uxía Blanco e o crítico Severiano Csalderrey

 “Cineclub Marín” iniciará oficialmente a súa actividade pública coa celebración das Xornadas arredor da figura de Chano Piñeiro, un ciclo especial de cinema e coloquio que terá lugar os días 21 e 22 de maio no salón de actos da Biblioteca Pública de Marín. O evento constitúe a primeira actividade organizada polo novo cineclub impulsado pola Asociación Marín de Cine, entidade adicada á divulgación do cinema e ao audiovisual na Vila.

As xornadas estarán centradas na figura do cineasta Chano Piñeiro, pioneiro do cinema galego contemporáneo e autor de obras fundamentais para a historia do audiovisual realizado en lingua galega. O obxectivo da iniciativa é achegar ao público a importancia cultural e patrimonial da súa filmografía a través da proxección de Mamasunción e Sempre Xonxa, seguidos dun coloquio abertos á participación.

Uxía Blanco participará na xornada do día 22

Un dos grandes atractivos do ciclo será a presenza da actriz Uxía Blanco, protagonista de Sempre Xonxa, quen regresará a Marín poucos días despois de terse anunciado a súa participación como integrante do xurado oficial do MAC MARÍN 2026. A actriz participará na sesión do venres 22 de maio compartindo co público lembranzas da rodaxe e unha reflexión arredor do legado artístico e humano de Chano Piñeiro.

Tamen se contará coa participación do crítico cinematográfico e membro da Academia Galega do Audiovisual, Severiano Casalderrey, que igualmente formará parte do xurado da próxima edición do MAC MARÍN. A súa presenza permitirá contextualizar históricamente a relevancia da obra de Piñeiro dentro da evolución do cinema galego contemporáneo.

Actividade nos dous días

* O mércores 21 de maio ás 20:00 horas, abrirase o ciclo coa proxección de Mamasunción (1984), unha das curtametraxes máis emblemáticas do audiovisual galego dos anos oitenta. Ás 20:30 horas desenvolverase unha charla-coloquio centrada na análise histórica, narrativa e social do filme, conducida por integrantes do colectivo Marín de Cine, asociación organizadora do cineclub, entre eles o docente e comunicador audiovisual

Dani Antelo, encargado de contextualizar a obra e moderar a participación do público.

* O venres 22 de maio ás 20:00 horas será a quenda de Sempre Xonxa (1989), considerada unha das películas fundamentais da historia do cinema galego. A partir das 21:30 horas terá lugar o encontro-coloquio con Uxía Blanco e Severiano Casalderrey, nunha conversa arredor da pegada de Chano Piñeiro no audiovisual galego actual e da necesidade de continuar difundindo o seu legado entre novas xeracións de espectadores e creadoras.

 Cineclub Marín destaca o carácter divulgativo e participativo destas xornadas, concebidas como “un espazo aberto para descubrir, analizar e compartir a memoria audiovisual galega desde unha perspectiva próxima e accesible para todo tipo de público”. 

A entrada ás actividades será gratuíta ata completar aforo.

DATOS DO EVENTO

Evento: Xornadas arredor da figura de Chano Piñeiro Datas: 21 e 22 de maio de 2026 Lugar: Biblioteca Pública de Marín – Salón de actos Hora das proxeccións: 20:00 h Organiza: Cineclub Marín / Asociación Marín de Cine Colabora: Concello de Marín Entrada: Gratuíta ata completar aforo

CONTACTO

Cineclub Marín Instagram / Facebook @cineclubmarin Correo electrónico: cineclubmarin@gmail.com / +34 669 83 72 79

roslev