Carriola.Redacción.20.05.26
A asociación cultural “PineirOns” que preside Tino Pardellas presentará en Marín, no Ateneo Santa Cecilia, o próximo venres o número 31 da revista “Aunios”, publicación que sae anualmente con referencia ao entorno da Illa de Ons e ás vilas próximas da costa
O vindeiro venres 22 de maio, ás 20:00 h, a sala do Ateneo Santa Cecilia acollerá a presentación da revista cultural Aunios do presnete ano, unha publicación de referencia editada dende hai máis de tres décadas pola “Asociación Cultural "Pineiróns".
Aunios é unha revista cultural de etnografía, historia, xeografía e literatura, centrada na illa de Ons e no sur de Pontevedra. Este número en concreto recolle achegas de autores de Marín, Bueu e o Morrazo, entre outros.
O acto será presentado polo directivo do Ateneo Xulio Pardellas e intervirá o presidente de da antedita asociación “PineirOns” e ao seu remate entregaranse gratuitamente exemplares da revista aos asistentes que poderán acceder á sala libremente ata completar o aforo.