Carriola.07.06.26.
julio@carriola.es.
ESE ESTRANO OBXETO AILLADO
Juan Méndez Martín
Comparar o edificio do Auditorio de Marín co Guggenheim sería unha hipérbole so aceptable como recurso estilístico. Pero, no urbanístico, pensemos se pode haber algún paralelismo entre edificios icónicos e recuperacións urbanas integrales e ambiciosas.
O auditorio de Cangas foi aberto en 2001. O Pazo de Pontevedra en 1997. Marín, acumulou un cuarto de século de retraso nesta dotación. Poderíanse establecer variables estatísticas de correlatividade entre os servicios públicos, a recuperación de espazos que producen novas narrativas urbanas e a evolución poblacional das cidades.
Tamén si o lugar do edificio de Marín é acaído na "impactante barrera" coa que definen os urbanistas a nosa relación co mar. Podemos facer chascarrillos sobre a auga atopada no pilotaxe sobre a praia Almuinha, ou ver sorprendidos a políticos bailando encima dun escenario. Pero sobre iso, xa Juvenal, Debord ou Postman nos falaron sobre a política, o entretemento e o espectáculo. Agora, este é o edificio que temos, e na ubicación onde a temos, poñamos as luces largas, e intentemos obter a maior vantaxe para a cidade.
Hoxe no urbanismo serio, a idea de que un edificio por si solo poda ser suficiente para que unha cidade cambie, está bastante desacreditada. Non existe plantilla de éxito modelo Bilbao, Pontevedra, ou calquera das ducias de cidades que se recuperan hoxe. Pero sí, admítese, que determinados edificios poden ser catalizadores dunha reforma urbana que se proxecta con antelación, e que late nas cidades convertendo a eses edificios nun cabalo de Troia ou acelerador de cambios.
É dentro desa necesidade de reforma urbana onde o auditorio nos interpela agora para coñecer ata onde queremos / sabemos e podemos chegar. Se o auditorio axuda nesa necesidade de reforma pode ser un éxito. Se se queda nun edificio, será simplemente a nivel urbanístico, un edificio aillado.
A observación de distintas cidades, e seus cambios, fan que se me ocorran, para Marín unha serie de ideas, que enumero a continuación sen querer ser exhaustivo, seguro que hai mais, a xeito de reflexión compartida. Por exemplo:
- En primeiro lugar, un edificio desas características exixe, como dixen antes, un modelo urbano acaído novo, unha estratexia urbana integral na relación cidade-ría-río que potencie os puntos fortes da cidade, os poucos, aínda non destruidos e os conecte, innovando a posta en valor.
- O mesmo tempo, o edificio pide, obriga, polo lugar onde se decidiu situalo, un modelo de mobilidade diferente o que temos agora nese espazo. Un modelo de prioridade peonil e ciclista no urbano e con trasporte publico no periurbano, que permita o acceso o edificio cultural dos veciños da Vila e das parroquias da contorna, nomeadamente en momentos de actos públicos, reducindo os desprazamentos en vehículo privado.
- Menciona con frecuencia Angel García Carragal, a necesidade de desprazar os contenedores situados na parte de atrás do auditorio. As razóns desta proposta non precisan explicación si queremos que exista coherencia.
- Evolucionando sobre este último punto, compre impulsar, o Porto Seco de Marín para liberar espazos de naves, liberación de espazo industrial de beiramar e creación de emprego polo efecto spin-off do Porto. O Psoe propuxo o Porto Seco en Liborei. Desafortunadamente en 8 anos de goberno socialista en Madrid pouco se fixo. Como tampouco nada se fixo cando Ana Pastor, Ministra de Fomento e quintaesencia do "goberno amigo" do Concello de Marín, dirixiu un dos presupostos mais elevados na súa época no goberno.
- Pregunta que tamén nos fai o Auditorio: É momento de relacionar a cidade con este edificio de xeito distinto?. Pódese recuperar o proxecto do Alcalde Antonio Santiago, de soterrar un espazo da Avenida de Ourense diante da Alameda?. É posible poder gañar unha conexión directa continua peonil Alameda-cidade / auditorio-mar?.
- E si non é posible soterrar, ou se retrasa sine die, haberá que pensar nun modelo de paso peonil continuo estilo lombo en cemento a altura das beirarrúas que resignifique o fluxo continuo a ese paso e priorice os peóns. A idea de atravesar as cidades en vehículo privado a mais de 30 por hora comeza a pertencer o pasado.
- A entrada do Porto ten que ser pegada ó Auditorio?. Como nos relacionamos a partir de agora co hinterland Porto-ENM nese punto crítico de movilidade?
- "Abrir Marín o Mar". Desde logo, este importante proxecto que tivo unha aprobación histórica para a Vila no Congreso dos Deputados. Hai que recordar, logo da teimuda acción de Nestor Rego, sin ser sequera un marinense. Pois esta bandeira de reforma, ten agora moito mais sentido co Auditorio, xa que o proxecto "Abrir Marin o mar", pide un waterfront dunha cidade transformada.
- "A tensión polo espazo". É curiosa a presión que Marín (diferente os veciños Bueu, Pontevedra, Poio ou Sanxenxo) sofre sobre o espazo beiramar no último século. En simplemente semanas, o Ministerio de Fomento, Porto e Ministerio de Defensa discuten como e canto se pode construír na beiramar. Mentres o Concello, representante dos cidadáns, nin opina, nun triste laissez faire. Por favor, defendan ese espazo : tamén é noso ainda que non o pareza.
- Co novo edificio, podemos chegar incluso a ambicionar, establecer unha negociación para trasladar a "All weather terminal" ó peirao enfrente de onde está agora nun prazo determinado, para liberar todo ese peirao ata o centro, como se fixo por exemplo, nas coñecidas Docas de Lisboa.
- "As bombas o único que traen son silencios". Pouco hai tan antitético que comparar "o silencio das bombas" e a "experiencia da música". Entre colocar un auditorio ou unha base da Otan nun centro urbano. Por estética, xa non por ideoloxía mais ou menos pacifista, o Concello debería opoñerse a esta ocorrencia de Defensa.
En resumo, é momento de saber o nivel de ambición e coherencia narrativa que temos para a cidade. Si queremos aproveitar este edificio como acelerador e icono dun cambio urbano latente, desde a época de José del Río, ou nos quedaremos con bailes políticos no escenario. Saber si tardaremos outros 25 anos en conseguir outro obxectivo colectivo. Mentres, contemplamos ese estrano obxeto aillado, pilotado sobre unha praia.