Carriola.Redacción.25.07.26
A alameda Rosalía de Castro acollerá hoxe, ás doce do mediodía, o acto institucional de celebración do “Día de Galicia” nun ambiente festivo ao que contribuirá a tradicional “Romaría de Trompos os Pes” durante todo o día
O Concello de Marín, e no seu nome a alcaldesa María Ramallo, cursou unha invitación xeral a asistencia aos actos que hoxe se desenrolarán na Alameda Rosalía de Castro co gallo da celebración do 25 de xullo, Día de Galicia sendo o institucional propiamente dito ás doce do mediodía momento en que se fará a lectura do manifesto e a entrega de agasallos relacionados co sentido da celebración aos asistentes.
Romaría popular
E, como realmente é un día de festa especial, ao longo de toda a xornada haberá romaría popular que Trompos ós Pes organiza por vixésimo séptimo ano consecutivo iniciándose ás dez e media a apertura dos numerosos postos de artesanía chegados de toda Galicia, e aoferta gastronómica para, tras o acto institucional, seguir un denso programa de actividades nas que no faltarán xogos populares e tradicionáis, sorteo de agasallos, foliada libre, actuacións de “Trompos ós Pes” e “Os Chaneiros”, e con remate de queimada de balde para quen queira participar no broche de ouro da xornada.