Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG denuncia que o PP leva anos ignorando o deterioro do paseo marítimo Alcalde Blanco

Carriola.Lucía Santos Omil (*).12.08.26 

Chama a atención que, despois de catro anos de advertencias, o goberno do PP diga agora que a partir de setembro estudará substituír o pavimento por outro material máis resistente á auga no pavimento da zona de xogos de auga

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) denuncia a falta de actuación do goberno municipal do PP ante o progresivo deterioro do Paseo Alcalde Blanco, unha situación sobre a que a formación nacionalista leva alertando reiteradamente desde a inauguración da remodelación deste espazo, en xullo de 2022.

Lembramos que, poucos meses despois da apertura, en setembro de 2022, xa se advertiu do mal estado do pavimento na zona dos xogos de auga. En 2023, a trasladamos de novo esta problemática tanto á Comisión de Urbanismo como ao goberno local, denunciando que as láminas de caucho que cubrían o circuíto comezaban a desprenderse en varios puntos.

Lonxe de solucionarse, o problema foi agravándose co paso dos anos. No pleno municipal do pasado mes de xullo, o BNG presentou un novo rogo para alertar do mal estado xeral da contorna e, particularmente, da zona dos xogos de auga. A formación tamén abordou esta cuestión, novamente, na correspondente Comisión de Urbanismo. Pero chama a atención que, despois de catro anos de advertencias e de numerosos rogos do BNG, o goberno do Partido Popular (PP) diga agora que a partir de setembro estudará substituír o pavimento por outro material máis resistente á auga.

Tamén propuxemos estudar a retirada e o almacenamento das cinco pezas que configuran o circuíto de xogos de auga durante os meses de inverno, co obxectivo de protexelas das inclemencias meteorolóxicas e prolongar a súa vida útil. Porén, o executivo local non tomou medidas preventivas nin ofreceu unha solución efectiva.

O que non é normal é investir máis dun millón de euros na remodelación dun espazo e permitir que se deteriore desde os primeiros meses. Estamos ante unha nova mostra da xestión improvisada e neglixente do PP.

(*) Lucía Santos Omil, Voceira do Grupo Municipal do BNG.

roslev