Carriola.Redacción. 01.09.26
julio@carriola.es
Mañana en toda España está convocada la ciudadanía a manifestarse en cada pueblo o ciudad para apoyar a la ciudad de Ceuta que desde hace ya un mes está pasando una crisis de la que todo el mundo es consciente
El ayuntamiento de Marín se sumarà a esta convocatoria y, se hace eco de dicha convocartoria para que los ciudadanos que deseen adherirse a la petición de la Federación de Municipios y Provincias mostrando su apoyo a la ciudad española de Ceuta se concentren a las ocno de la tarde frente a la Casa Consistorial coincidiendo con las demás manifestaciones que tendrán lugar en toda España.
El BNG rechaza participar en la convocatoria
Tras la recepción de la invitación municipal a participar en la concentración antes señalada, recibimos una nota del “Consello Local do BNG” en la que adelantan su decisión de no participar, nota que transcribimos ìntegramente a continuación:

Consello Local do BNG
“O Bloque Nacionalista Galego (BNG) non participará na concentración convocada, o mércores 2 de setembro, pola presidencia da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en relación coa situación de Ceuta. Esta formación nacionalista considera que se trata dunha iniciativa promovida de maneira unilateral polo Partido Popular (PP), sen acordo co resto dos grupos políticos que forman parte da Federación, e que contribúe a introducir a inmigración como elemento de confrontación política.
Expresamos a nosa condena e rexeitamento a calquera forma de violencia e manipulación política e a súa solidariedade ante a complexa situación humanitaria que se está a vivir en Ceuta e na fronteira, mais defendemos que a resposta das institucións públicas debe partir sempre do respecto á dignidade, aos dereitos humanos e á convivencia.
Por este motivo, o BNG de Marín decidiu non participar na convocatoria. Ceuta si; a súa utilización partidista, non. Non imos contribuír a converter unha situación humanitaria nun instrumento de confrontación política. A solidariedade demóstrase defendendo unha acollida digna, os dereitos humanos e solucións responsables, non sinalando nin criminalizando ás persoas migrantes.
Ademais, os concellos teñen unha responsabilidade especial á hora de favorecer a convivencia e evitar discursos que sinalen ás persoas pola súa procedencia, e Marín debe estar sempre do lado dos dereitos humanos, da convivencia e dunha resposta responsable ante as situacións migratorias.
Amosamos tamén a nosa preocupación pola extensión de discursos que pretenden vincular a inmigración coa inseguridade ou co deterioro dos servizos públicos, e consideramos especialmente irresponsable utilizar as dificultades sociais e económicas con fins partidistas.
Quen chega a Galiza ou a outros territorios do Estado buscando unha oportunidade ou unha vida mellor non é responsable da falta de vivenda pública, das listas de espera na sanidade nin das carencias dos servizos. Eses problemas soluciónanse con políticas públicas e recursos, non buscando chibos expiatorios.
Consello Local do BNG.