Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A asociación comercial “Estrela de Marín” pon en marcha unha nova campaña motivada pola volta ao “cole”

Carriola.Jonathan Carreira. 01.09.26

julio@carriola.es

A iniciativa combina 300 euros en premios, novas ferramentas de fidelización dixital e unha gran festa familiar o 11 de setembro.

Jonathan Carreira director xerente de Estrela de Marín

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín pon en marcha a campaña “Volta ao Cole Estrela”, unha iniciativa destinada a incentivar as compras vinculadas ao regreso ás aulas, fidelizar á clientela e atraer ás familias ao comercio local. Durante a campaña sortearanse 300 euros en tarxetas regalo entre as persoas que realicen compras nos establecementos asociados e rexistren os seus tickets na App Comercio de Marín.

Como novidade, a aplicación permitirá aos comercios xerar cupóns personalizados vinculados ás compras, de maneira que cada establecemento poderá ofrecer descontos ou vantaxes para futuras adquisicións. O obxectivo é fomentar a recompra e consolidar a App como ferramenta de fidelización do comercio local. A campaña incorpora tamén unha acción dirixida aos máis pequenos, coa entrega de coloreables de Estrelín, a mascota do CCA, buscando reforzar desde a infancia a vinculación emocional co comercio de proximidade.

Unha gran festa no parque Eguren

O prato forte chegará o venres 11 de setembro, a partir das 16:30 horas, coa Gran Festa da Volta ao Cole. A Alameda Rosalía de Castro acollerá photocall con Estrelín, rocódromo, inchables, obradoiros, ludoteca, pintacaras e unha feira infantil con 12 xogos tradicionais. A xornada rematará no Parque Eguren cunha Festa Holi.

Para participar nas actividades será necesario amosar un ticket de compra dun establecemento asociado, vinculando directamente a dinamización co consumo no comercio local.

A programación complétase con “Escaparates Estrela Dixitais”, unha acción en redes sociais para promocionar os produtos e a variedade da oferta comercial de Marín.

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, a través de Comercio Galego, conta coa colaboración do Concello de Marín.

roslev