Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O salón de Plenos acolleu onte a entrega dos premios Facendo Historia promovidos por “Portocelo” e o Concello

Carriola.Redacción. 07.09.26

julio@carriola.es

O Club de Opinión Portocelo que peside Ángel García Carragal fixo entega dos premios “Facendo Historia” que desde hay xa moitos anos promove co apoio do Concello de Marín nun acto celebrado no Salón de Plenos na mañá de onte.

Seguindo o guiión anunciado, onte celebrouse no salón de Plenos do Concello o acto de entrega dos Premios Facendo Historia, evento promovido cada ano polo Club de Opinión Portocelo que dirixe García Carragal con presencia da alcaldesa, membros da Corporación Municipàl , autoridades y numerosas personas entre as que se atopaban represnetantes das entidades distinguidas na presente edición.

García Carragal fixo lectura das semblanzas de xustificación dos merecementos polos que as entidades e persoas galardonadas merecían esta distinción que foron:

 

*.- Asociación por un Museo do Mar para Marín; pola súa contribución a exaltación das xentes do mar e as tradicións mariñeiras xunto coa recompilación e exposición aberta de pezas e documentos relacionados co Patrimonio Histórico e Etnográfico Marítimo de Marín e Galicia, premios entegado polo capitàn de fragata representante da Escola Naval Militar

 *.- Organización de Productores de Pesca do Porto de Marín; como recoñecemento o importante traballo que realiza no seu doble compromiso de fomentar a actividade pesqueira no Porto de Marín e o seu apoio a igualdade no sector a través de actividades coas que visibilizar o traballo das mulleres do mar. Entregou este premio o presidente da Autoridade Portuaria de Marín

 *.- Centro Comercial Local ‘Estrela de Marín’, polo importante traballo que realiza co obxectivo de revitalizar, modernizar e potenciar o comercio de proximidade a través de campañas de dinamización e fidelización ejercendo ao mesmo tempo a defensa dos intereses dos comerciantes do municipio marinense. O presidente de Estrela de Marín recibiu o premio de mans da alcaldesa María Ramallo.

 *.- Asociacion de Laboreras de Marín ‘Bolymar’, entidade organizadorea da ‘Xuntanza Anual de Laboreras’, convertindo a Marín no punto de encontro de centenares de ‘palilleiras’ para a promoción e divulgación da arte do encaixe de bolillos dentro e fora de Galicia. A Concelleira Marián Sanmartín fixo entrega do premio ñas representantes do grupo Bolymar.

 *.- Mención especial para Ballet de Galicia de ‘Diego Landín’, por unir a Marín o seu proxecto pedagóxico xa consolidado como un referente da danza clásica e contemporánea a nivel internacional. Recibiu o premio Diego Landín de màns do presidneete de “Portocelo”.

*.- Mencion especial para O Porto de Marín pola conmemoración do 140 aniversario do seu nombramento como de “Interés Xeral do Estado”. O presidente do porto recibiu o agasallo de mans do veterano atleta Manuel Rosales

Intervención da alcaldea María Ramallo

Tras a entrega dos premios e para pechar o acto interviu a alcaldea María Ramallo  que pronunci´pou in breve discurso no que, ras os saudos de rigor a todos os presentes e en especial aos premiados, dixo “

Cando un recibe un premio ou un recoñecemento, normalmente é polo traxecto que se leva percorrido. As homenaxes teñen sempre ese punto nostálxico, ás veces de peche de ciclo, pero sobre todo serven como balance do conseguido, de como un proxecto pasa de ser unha idea ou un soño, a converterse nunha realidade. De como pasa dos papeis ás rúas e de como acaba impactando positivamente en toda unha sociedade.

Esa é unha palabra clave hoxe: sociedade. Porque esta edición dos premios Facendo Historia ten unha característica especial pois, a diferenza doutros anos onde os premios recaían en persoas individuais con traxectorias excelentes, hoxe estamos ante unha reivindicación do asociacionismo, o traballo comunitario e o emprendemento.

Un pobo non se constrúe desde a individualidade. Todos somos necesarios. Pero é no traballo común onde xorden as mellores redes de apoio que dinamizan a nosa vila, a enchen de actividade, a fan progresar e a manteñen viva. Dá igual que sexa a través dunha tradición artesanal tan bonita e admirable como os bolillos, ou a través da danza.  Dá igual que se faga desde o comercio ou desde o mar, gran motor da nosa economía (a dos números e a sentimental). Todos e todas vós sodes os creadores desas redes de apoio das que falaba, cada un desde o voso sector, facendo evidente que sen os colectivos sociais, culturais e empresariais, Marín non sería o que é.

Comezo por estes últimos. Primeiro, quero referirme a OPROMAR, a Organización de Productores do Mar do noso Porto, representada polo seu presidente e o seu xerente.

Sodes o exemplo de que non só a actividade económica é importante cando un dirixe unha entidade empresarial. Desde hai moitos anos, levades por bandeira a defensa da igualdade no sector do mar e da pesca en cada unha das campañas que facedes, campañas cheas de gusto, por certo, sempre lucidas, pero aínda máis cheas de contido e que navegan entre a promoción do traballo da muller na pesca, a reivindicación dos oficios tradicionais feitos por elas e tamén pola arte, utilizándoa sempre como fío condutor entre a vosa mensaxe e a sociedade á que a dirixides. Grazas por manter ese compromiso intacto e por unirvos en moitas ocasións ás campañas que desde o Concello lanzamos en pro da igualdade, como pode ser a celebración e visibilización do 8 de Marzo.

Por seguir con este sabor a sal e a escuma, detéñome agora no MUSEO DO MAR DE MARÍN. A verdade é que este ano está a ser o de saldar débedas co voso traballo, que leva moito tempo servindo de faro de difusión e recuperación da nosa identidade mariñeira. Fostes tamén o Premio Liberación deste ano. Con vós, elaboramos unha placa en homenaxe aos homes e mulleres do mar na recuperada dársena portuaria, hoxe lugar de lecer e de conexión co noso mar en pleno casco urbano. O voso Festival de Cine do Mar volveu pechar unha edición tremendamente exitosa e grazas ao voso labor, podemos homenaxear a persoas que fixeron do mar a súa vida e a súa profesión. Grazas por todo o voso traballo, que estou segura que seguirá coa mesma intensidade.

A riqueza dun pobo tamén se reflexa en gran medida no seu tecido comercial. Este foi o ano de cantar unha canción pegadiza que xa fai imposible que non nos acordemos dunha asociación que é exemplo en toda Galicia. ESTRELA DE MARÍN é o futuro. Si, sei que é pasado e presente, que a súa traxectoria é longa e levan todo este tempo apoiando, promocionando e poñéndose do lado dos comerciantes para axudalos. Pero digo que é futuro porque Estrela de Marín soubo subirse ao carro das tendencias actuais. Unha app específica (Comercio de Marín) para mellorar a experiencia de compra e poder facer  promocións e descontos, unha mascota propia, Estrelín, que axuda a comunicar todas as novidades do noso Centro Comercial Aberto, campañas asociadas a todos os momentos quentes a nivel comercial: Días do Pai e da Nai, San Valentín, Nadal, Volta ao Cole (a máis recente agora mesmo…). En fin, como vedes, un sinfín de iniciativas, moitas delas tamén extrapolables á Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos. Este compromiso axúdanos moitísimo como Concello na dinamización do noso tecido comercial. Sen vós, sería moito máis difícil.

Pero difíciles son moitas cousas, que vos vou contar... Por que, Conchi… non me diredes que non é tremendamente difícil xuntar a centos, e centos, e centos de palilleiras e laboreras todos os anos polo noso San Miguel no Pavillón do IES Illa de Tambo? Con BOLYMAR, tedes conseguido unha das cousas máis complexas nos tempos que corren. Creástedes un fogar para moitas mulleres, un lugar de encontro, un espazo no que manter unha tradición que acompaña a Galicia e que serve como a nosa imaxe incluso no exterior. Ese ir e vir de dedos que tecen e crean espectaculares confeccións feitas dos vosos fíos é case unha banda sonora da nosa celebración de San Miguel. Este ano botarémosvos moito de menos pero non podo máis que darvos as grazas por todos estes anos organizando unha xuntanza irrepetible.

Quédame falar do BALLET DE GALICIA. Creo firmemente en que o mundo empresarial e o emprendemento cultural ten moito de traballo en equipo, pero neste caso tedes que permitirme que me dirixa de maneira un pouco máis concreta ao director da nosa escola de danza: a Diego Landín.  Moitas veces, os municipios máis pequenos tendemos ao conformismo, como se aquí non puidéramos ter propostas de nivel. Esa sensación de que o bo só pode estar nas grandes cidades. Pois ben, ti es o exemplo de que iso non é así, de que apostar pola túa vila é de valentes, porque non é fácil. Podías elixir Madrid, Vigo… ou calquera lugar grande que teñamos cerca. Pero non, elixiches volver a Marín, a túa terra, para fundar a túa academia de danza e regalarnos as galas e actuacións que, como esta última de verán, puidemos gozar como público.

Creo que o pobo de Marín, con ese reparto de entradas en apenas dúas horas, demostrou dúas cousas: a gratitude cara o teu proxecto e a esixencia de programación cultural á altura dos seus gustos. Grazas por facer de Marín o epicentro da danza clásica e contemporánea e grazas por facernos soñar con cada actuación, agora xa totalmente redondas no noso novo Auditorio.

Remato xa e perdoade todo o que me estendín. As miñas últimas palabras son para o promotor de todo isto que hoxe estamos celebrando: Ángel García Carragal. Porque ademais este ano é especial. Ángel, eu non podo máis que darte a noraboa e as grazas por ser un dos grandes cronistas de Marín, por sempre pensar en como premiar aos nosos veciños e veciñas ilustres, por ser inquedo e sempre activo, por informar e por opinar. Grazas por todo. As mañás dos marinenses que aquí estamos e os que viven moi lonxe, non son iguais sen entrar no blog de Cousas de Carragal. Pero aínda que pechases esta etapa, eu sei que segues e seguirás mantendo viva a túa gran paixón: escribir de Marín e vivir Marín. 

As palabras da alcaldesa foron acollidas con calorosos aplausos dos asistentes que enchían o salón que, xunto cos premiados e as autoridades presentes desplazaronse á planta baixa do concello para escoitar o concerto da

Coral Lembranzas e compartis un “pincho” para celebrar esta nova edición dos Premio facendo Historia

roslev