Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

INVIED e Concello abordan o futuro das parcelas da barriada Virxe do Carme actualmente de titularidad estatal

Carriola.Redacción. 09.09.26

julio@carriola.es

María Ramallo, alcaldesa de Marín mantivo o pasado luns unha reunión coa directora xerente do Instituto de Vivenda Infraestructuras e Equipamento María Ángeles Cano Díaz para abordar un tema de interès con respecto ás parcelas da antigua barriada de suboficiales, de titularidad estatal,  sobre as que o actual INVIED e o Concello teñen un convenio

Tal e como expresou a alcaldesa despois do encontro, o obxectivo do mesmo era “Poder valorar a zona in situ, analizando as características das parcelas adaptadas ás valoracións actuais e poñendo sobre a mesa os obxectivos futuros tanto a nivel urbanístico como de planificación de proxectos.

Estudados os expedientes, tanto o INVIED como o Concello traballan conxuntamente na actualización de documentación administrativa que permita coordinar as necesidades de desenvolvemento propostas polo ente local nesta zona coas necesidades burocráticas requiridas polo Instituto e, de xeito concreto, a alcaldesa trasladou á directora do mesmo e ao resto dos técnicos presentes na reunión que o Concello foi beneficiario da nova senda

financeira FEDER da Unión Europea con preto de 6 millóns de euros, parte dos cales irán destinados a un proxecto de rexeneración urbana da contorna da Barriada.

Proposta de ordenación

Segundo trascendeu, na reunión mantida expúxose “A creación dun corredor verde entre o barrio e a senda del Río Lameira, con pavimento permeable, mobiliario urbano e zonas de descanso, buscando a mellora da accesibilidade e a conexión barrio-centro urbano e mellorando as rúas Mestre Landín, Souto, Busto de Abaixo e Calzada.

Nas próximas semanas, seguiranse dando pasos neste sentido e a alcaldesa quixo agradecer a boa disposición do INVIED para aliñarse cos obxectivos municipais e poder así mellorar todo a área no que están enmarcadas as parcelas titularidade do Instituto.

roslev