Desde as cinco da tarde de hoxe poderanse retirar as entradas para asistir ao concerto do día 18 de Carlos NúñezDesde as cinco da tarde de hoxe poderanse retirar as entradas para asistir ao concerto do día 19 de Carlos NúñezCarriola.Redacción 09.09.26
julio@carriola.es
O próximo día 18, venres, o auditorio de Marín acollerà un concerto do gaiteiro Carlos Núñez que actuará3 en Marín dentro do programa da Deputación Provincial no marco do ciclo “Son de Verán” e, ainda que a entrada será gratuita, haberà que retiralas desde hoxe ás cinco da tarde.
O estricto control do aforo no Auditorio marcado pola lexislación vixente fai que, quenes queiran presenciar a actuación de Carlos Núñez no Auditorio conten coa entrada pertinente, gratuita pero indispensable para entrar na sala. A actuación do famoso gaiteiro iniciarase ás 20 horas do devantido día do concerto e deberàn entras antes das oito menos dez porque nese momento, poderàn acceder persoas que non dispoñan da imprescindible entrada.
Desde hoxe ás cinco da tarde na taquilla do auditorio ou “online” en entradas ataquilla.com pódense conseguir ata dúas entradas por persoa como máximo.
Programa “Son de Verán” da Deputación Provincial

Esta actuación de Carlos Núñez está enmarcada no ciclo “Son de Verán da Deputación provincial e foi presentada polo deputado de cultura Jorge Cubela na compaña dadeputada provincial e alcaldesa de Marín, María Ramallo
Jorge Cubela sinalou no acto de presentación que “Son Verán é unha nova proposta cultural que organizamos desde a Deputación en colaboración con concellos como o de Marín para esta segunda metade do período estival que está a ter unha grande acollida e unha grande afluencia de público” e puxo en valor que Carlos Núñez “é un dos nosos músicos máis internacionais de maior prestixio, e grazas á Deputación o Concello de Marín poderá contar cun evento de primeira orde e de gran nivel no seu recentemente estreado Auditorio, un referente nas infraestruturas galegas culturais”. O deputado tamén fixo fincapé no carácter gratuíto do concerto, “porque desde o noso goberno queremos fomentar que a cidadanía teña acceso a unha programación cultural de calidade”.
Pola súa parte, a alcaldesa de Marín agradece á Deputación “a súa sensibilidade para configurar unha oferta cultural cunha liña de actividades moi potentes que nos permite estar no mapa cultural”, e sinalou que o concerto de Carlos Núñez do programa Son Verán “é unha oportunidade para nós, xa que o noso Auditorio ten unha capacidade de 500 persoas e poder ter unha actuación del, despois da sorpresa que demos á veciñanza no acto de inauguración do auditorio, é un luxo e non sería posible sen a planificación nin a oferta da Deputación”.
“Son de Verán” chega a oito comarcas da provincia en 13 actuacións de distintos artistas de ópera, musical, tradicional – celta e músicas do mundo.