Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Beiras, Castelao e os pioneiros do cinema protagonizan a programación de novembro no Cine Club Marín

Carriola.C.C.M..08.11.26

julio@carriola.es

O Cineclub incorpora unha terceira sesión extraordinaria dedicada ás orixes da sétima arte, que se suma ás proxeccións de Beiras. Vivir 2 veces, coa participación do seu codirector Gaspar Broullón, e Antes de nós, de Ángeles Huerta.

O Cineclub Marín presenta a súa programación de novembro cunha proposta que combina política, historia e cultura cinematográfica. A programación deste mes incorpora unha terceira sesión extraordinaria dedicada ás orixes do cinema, que permitirá recuperar algunhas das primeiras películas da historia e achegarse aos cineastas que comezaron a explorar as posibilidades desta nova arte a finais do século XIX.

Esta cita especial súmase a dúas sesións dedicadas a figuras fundamentais da historia e da cultura galegas. Por unha banda, o xoves 12 de novembro, na Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos, proxectarase o documental Beiras. Vivir 2 veces, arredor da figura de Xosé Manuel Beiras, que contará coa participación do seu codirector Gaspar Broullón. Por outra, o xoves 19 de novembro, no Hotel Villa de Marín, exhibirase Antes de nós, o filme de ficción de Ángeles Huerta que se achega á vida de Castelao 

A programación pecharase o martes 24 de novembro no Ateneo Santa Cecilia cunha sesión especial dedicada ás orixes do cinema, un percorrido polos primeiros anos da sétima arte con películas de Georges Méliès e Segundo de Chomón.

INFORMACIÓN DE ACCESO

Entrada libre ata completar aforo. As persoas non abonadas poderán realizar unha achega colaborativa de 4 €.

Organiza: Asociación Marín de Cine, Contacto  cineclubmarin@gmail.com

roslev