Carriola.AVSX.15.11.26
Tras un ano de intenso traballo, a Asociación Veciñal de San Xulián, fará balance das xestións realizadas, dos avances conseguidos e dos novos obxectivos para 2027 na súa segunda asemblea que se celebrará hoxe domingo 15 de novembro, na Casa Cultural da parroquia, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 horas en segunda convocatoria no caso de que na primeira non se reúna quorum suficiente.
Despois dun ano de intenso traballo e numerosas xestións ante as distintas administracións, a asociación fará balance das demandas veciñais, dos avances conseguidos e dos asuntos que continúan pendentes de solución, especialmente en materia de infraestruturas, seguridade viaria, mobilidade e mellora dos servizos da parroquia.
Outros temas a tratar
Durante o encontro tamén se informará da situación económica da asociación, das actividades sociais e culturais realizadas, dos cursos de formación promovidos e dos novos proxectos e obxectivos previstos para 2027.
A asociación destaca a importancia deste primeiro ano de actividade, no que se traballou para dar voz ás necesidades dos veciños e veciñas e trasladar as súas reivindicacións ás administracións competentes.
Desde a entidade anímase a todos/as os veciños e veciñas a asistir e participar, trasladando as súas preocupacións e propostas para continuar avanzando na mellora da parroquia.