Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cerca de un centenar de personas rindieron homenaje de recuerdo a “A Capirota” en el aniversario de su fusilamiento

Carriola.Redacción.18.08.23

julio@carriola.es

La Plaza que lleva el nombre de  Carmen Pesqueira, “A Capirota” a la que dieron muerte los represores del franquismo el año 1036 tal dìa como hoy, se llenó de personas pertenecientes o simpatizantes de la Asociación por la Memoria Histórica de Marín y también familiares de la homenajeada que estuvieron presentes en la plaza depositando al término del acto un ramo de flores ante la placa donde figura el nombre de Carmen Pesqueira.

Intervino en el acto la presidenta de la asociación marinense, Queta Molas que recordó brevemente el motivo del mismo para dar paso a la actuación del dúo “A Revolta”, habitual en las celebraciones de la ASMH marinense tras cuya interpretación musical, pronunció el discurso de la jornada Montse Fajardo cuyo texto reproducimos a continuación, íntegramente:

Bo día. Grazas, de corazón, por deixarme compartir con vós esta data de homenaxe a Carmen Pesqueira, A Capirota.

Non sei se sabedes que o noso dicionario no recolle ningunha entrada coa palabra Capirota e no de linguas próximas só se recolle unha acepción similar en masculino, Capirote, prenda semellante á nosa capucha. O mesmo pasa coa historia das mulleres: ou non existe ou aparece diluída no relato dos homes. O agocho é aínda maior no caso das que foron vítimas do franquismo: Ou non se fala delas, ou apenas son nomeadas no contar do padecemento deles ou aparecen cinguidas co capirote de tolas. E tontas de capirote somos tamén para moitos nós, quen non nos conformamos co relato imposto.

Por iso convertemos á Capirota en símbolo, non só representa a Carme Pesqueira, tamén a cada unha das mulleres que, coma ela, se negaron a mirar cara a outro lado cando campou o fascismo. Como se fosen aguias que a cetrería cega con capucha para poder domar.

Daquela, as mulleres pagaron moi caro o seu compromiso. Se a maioría dos homes foron asasinados pola súa militancia ou a súa ideoloxía, a maioría dos asasinatos das galegas tivo que ver coa súa solidariedade:

Por enfrontarse á ditadura, como fixo Carme Pesqueira. Por agochar a veciños que ían matar, como fixeron Consuelo Acuña ou Josefa Barreiro. Por unirse a guerrilla, como Celia da Ferraría ou Josefa, a Lúa. Por enfrontarse á batida que lle foi buscar o home, como lle pasou a Juana Ferreiro. Mesmo por irlle ao velorio a un veciño asasinado polo fascismo, que foi a razón pola que mataron a Pepa Becerra.

Mais non é a Capirota un símbolo de loito malia que o dicionario recolla para o seu masculino a acepción de tocado nun traxe de dó de séculos pasados. Para nós, a Capirota é un símbolo da memoria resistente, o capirote da nosa Alba de Gloria. A que percorremos con Lola Rodal, e con todas as mulleres que durante décadas bateron o cobre para legarnos unha sociedade mellor: na loita agraria e polo país, nos sindicatos, na militancia antifranquista, no feminismo que aínda hoxe queren afogar, atándolle unha pesada lousa de pedra como no seu día fixeron con Rosario Hernández, A Calesa, viguesa de vinte anos asasinada e arroxada á ría atada a unha prancha de ferro, para castigar a súa militancia nas Xuventudes Socialistas Unificadas.

Tampouco a elas as querían libres mais, ao facelas mártires, convertéronas en ronsel e en estela de memoria que chega ata nós grazas ao traballo de homes e mulleres como a nosa imprescindible Queta, coa que Marín ficará sempre en débeda. Estou convencida de que, sen o seu empeño incansable hoxe non estariamos aquí, nesta praza co nome da Capirota, lembrando, con ela, tamén a Lola, ferida, enviada a Saturrarán, orfa de fillo. Ou a Nieves Martinez, que nos deixou aínda antonte, porque mala que haxa quen queira contar que isto pasou hai demasiado tempo, aínda é a ferida moi recente, e a memoria, viva. Nieves era apenas unha rapaza cando ela e a súa irmá foron rapadas para castigar o compromiso do seu pai, concelleiro socialista en Marín. Lembramos tamén a mulleres como Manuela, a Bichona, que tivo que cargar co cadaleito baleiro do seu home ata Monteporreiro onde o asasinaran, para evitar que o seu cadáver fose arroxado a unha foxa.

É por elas que a memoria non pode converterse nun cadaleito baleiro, sen contido. A memoria debe ser garante de xustiza, de verdade, de reparación. Debe lembrar os nomes, as vidas e os rostros de cada vítima pero, sobre todo, debe lembrar as ideas e o exemplo de cada muller e cada home que loitaron por legarnos unha sociedade mellor e que pagaron cara a súa loita.

Temos contraída unha débeda. A súa memoria obríganos a rebelarnos contra o auxe do fascismo, que nega o seu xenocidio e gaba a quen o executou.

Porque se os asasinos seguen vencendo, as súas vítimas seguirán morrendo e o seu exemplo ficará soterrado baixo o relato tramposo de dous bandos igual de lexítimos, igual de culpables. De veciños matando por unha leira e unha moza e non por erradicar ideas e soños de equidade e xustiza. Se os asasinos seguen vencendo, seguirase falando de mortos na guerra, nesta Galiza onde non houbo trincheiras, só xenocidio.

Porque se hai algo peor que o silencio, é o relato falseado. E contra el poñemos nós a memoria da Capirota.

Contra os falsos demócratas que cada vez agochan menos a súa faciana de fascismo, homenaxeamos nós a cada vítima cuxo nome se perdeu para sempre na néboa da historia.

Contra o cinismo cómplice, lembramos nós os berros resistentes de cada represaliada galega que, por negarse a calar, foi coroada co capirote de tola.

Contra quen as nega e as minte, poñemos nós, hoxe e sempre, memoria, memoria e memoria... pero sen trampas.

Moitas grazas”.

Himno Galego y ofrenda floral

Al finalizar la intervención de Fajardo cuyas palabras fueron acogidas con aplausos de los presentes, y tras una nueva interpretación del dúo A Revolta, familiares de la homenajeada procedieron a la colocación de una ofrenda floral ante la placa que da su nombre a la plazoleta y al canto del Himno Galego con el que se cerró el acto que tendrá una réplica similar o acaso  de mayor significación el próximo mes , cuando se vuelva a recordar a “A Capirota” en el Pozo da Revolta, lugar donde le fue segada la vida por los represores del 36.

roslev