Carriola.Lucía Santos Omil (*).10.10.24.
julio@carriola.es.
Esta modificación non só cumpre coa nova normativa, senón que tamén recoñece o valor patrimonial dos vehículos históricos, cuxos propietarios adoitan facer un uso esporádico destes, contribuíndo ao coidado e conservación do patrimonio automobilístico".
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Marín presentará hoxe no Pleno unha moción para instar á modificación da ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM).
Segundo o Real Decreto 892/2024, publicado no Boletín Oficial do Estado o 18 de setembro de 2024, a lexislación referente aos vehículos históricos foi actualizada, simplificando os procedementos para a súa clasificación e ampliando o recoñecemento destes vehículos aos que teñan 30 anos ou máis. A entrada en vigor desta normativa o pasado 1 de outubro insta aos concellos a actualizar as súas ordenanzas fiscais para adaptarse a estes cambios.
Proposta do Bloque
A moción do BNG, que será debatida no pleno, propón que o artigo 4.1 da ordenanza municipal sexa modificado para incluír estas novas disposicións. Específicamente, a nova redacción establecerá que gozarán dunha bonificación do 100% da cota do IVTM todos os vehículos históricos, conforme ao establecido no Regulamento de Vehículos Históricos aprobado polo Real Decreto 892/2024.
Esta modificación non só cumpre coa nova normativa, senón que tamén recoñece o valor patrimonial dos vehículos históricos, cuxos propietarios adoitan facer un uso esporádico destes, contribuíndo ao coidado e conservación do patrimonio automobilístico.
O BNG espera que o Concello de Marín aprobe esta modificación de maneira definitiva, garantindo así que os propietarios de vehículos históricos poidan beneficiarse da bonificación fiscal correspondente para o exercicio 2025.
(*) Lucía Santos Omil é a Concelleira portavoz do Bloque Nacionalista Galego