Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CARRIOLA DA OPINIÓN: Lembranzas de vecindade

Carriola. J.E.D.R..12.12.24.

julio@carriola.es.

PORQUE AMAMOS AS RÚAS (E O COMERCIO) ONDE NACIMOS.

Cando rapaces, para todos nós, saír a rúa era como visitar un parque de atraccións. Unha primeira experiencia de liberdade, unha oportunidade de descubrir. 

Na Rúa da Ponte dos anos 70 (antes Almirante Bastarreche, acaído nome para vivir un pacifista) os comercios de proximidade eran unha parte socializadora desa descuberta infantil e sensación de pertenencia. 

Os rapaces desa época éramos como personaxes das películas italianas de Fellini, con pantalón curto e cara de sorpresa ante os comerciantes e os seus escaparates cambiantes. O comercio da Rúa, de barrio, era como unha gran familia. Pola banda dereita, estaba a Ferretería Nartallo, a Farmacia Castañaduy co seu dependente José Luis, o Peluquero Yubero, a Lotería Tica que veu despois, pero fíxose tradicional na rúa, Viveres Cadilleiro, Lolita Stilo, Ultramarinos Fabiola, Sastrería Garcia, Frutas Benito tamén foi posterior, Bar Orjales, Taberna O Crego, a Casa de Pepito Meijon e a Ferretería del Rio coas súas básculas romanas, xa no camiño a praia. 

Pola marxen esquerda, o Ultramarinos El Laberinto, Restaurante Pensión Rosita, Peluqueria Arroyo, a Cafetería Espi tamén chegou despois pero foi/é outro centro socializador da rúa, Complementos Millón, Telégrafos cos seus niños de golondrinas no seu balcón cada primavera, Carpinteria el Neiro, El Merendero o gran espazo de festa, e Manolo das Patatas.  

Lembro de rapaz pasear a diario e visitalos para as compras, ou as ocasiones especiais como venderlles unha copla dos Maios. Ou ata na renovación da Igrexa Vella, para a que había uns cupóns especiais para o comercio e veciños, i en cada rúa unha familia asignada encargábase de ir porta a porta.

Na casa da miña aboa na rúa da Ponte, facíase viño, e vendíase para clientes que o viñan buscar, cada un coas súas redomas. Miña aboa ademais en Nadal sempre tiña un agasallo para algún veciño, para o médico...como agradecemento por calquera cousa.....e encargábame do reparto, nesas especiais frías noites festivas de inverno.

Despois por suposto, os anos de comercio desde a Frutería do meu pai. Grazas ó comercio local: o alleo e o familiar, crecimos e aprendimos o traballo de comerciantes, que aínda facemos hoxe. 

Cos comerciantes da rúa da Ponte tamén discutín cando a finais dos anos 80, coa ultima reforma da Rúa da Ponte e coa renovación das losetas antigas de pedra, propúxenlles ampliar as beirarrúas e cambiar o sentido de aparcamento en oblicuo a en linea. Para un rapaz de 20 anos, antes de que chegara a renovación urbana de Lores a Pontevedra era dificil explicar porque o cambio. Pero despois de moitas charlas, e grazas a concelleiros con visión como Chano Guimeráns veciño tamén da Rúa, o fixemos. Hoxe ninguén pediría volver os anos 80. 

Nos últimos anos, os comerciantes das nosas rúas, das nosas cidades, están feridos de morte coa irrupción do comercio online.  

Unha das opcións que temos é tentar dinamizar as rúas como espazo de paseo e comercial. Nas economías locais as rúas teñen que eliminarse como espazos de parking para dar paso a espazos o mais potentes posibles de atracción. Certo que temos que seguir insistindo nos concellos en que hai que facer aparcamentos. Pero iso non pode ir en detrimento con que cando haxa unha oportunidade de reforma, as rúas reduzan o mínimo posible a circulación de vehículos, e o estacionamento no espazo que debe ser de nova mobilidade dos cidadáns.   

O comercio ten que potenciar e aproveitar tres efectos "atracción" dos que se poden beneficiar coas reformas urbanas: 1) creación de vilas amables e atractivas (creando capacidade de competencia con outras veciñas). 2) Rúas de paseo e comercio en estética suave, ecolóxica, e iluminada. E 3) comercios individuais modernos e palpitantes pero unidos entre eles con servicios loxísticos de cercanías e last mile

En definitiva, conseguir gañar no durísimo reto que supón que os cidadáns prefiran a compra paseando vs comprar por pantallas de internet. Se non o facemos así, será a morte a contagotas de gran parte dos comerciantes que aínda afortunadamente para a cidade resisten.

 

roslev