Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta amplia o prazo de adhesión ao programa “Medando Xuntas” co fin de fortalecer o papel da muller la economía social

Carriola.Consell. de Emprego.30.03.26

julio@carriola.es   

A iniciativa inclúe formacións, encontros e accións de visibilización dirixidas a mulleres traballadoras, socias e directivas, incidindo en habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións ou a mellora da confianza profesional. Con sesións que arrancarán o 11 de abril, Medrando Xuntas persegue fomentar a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos, ao tempo que se dan a coñecer proxectos que están a transformar a economía galega

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración amplía ata este próximo mércores 1 de abril o prazo para adherirse —a través da Rede Eusumo— á iniciativa Medrando Xuntas, pensada para fortalecer o papel das mulleres na economía social galega. O programa inclúe formacións, encontros e accións de visibilización que buscan poñer no centro o talento e o liderado feminino e que arrancarán o próximo 11 de abril, dirixidas tanto a mulleres traballadoras como socias e directivas. Así, traballarán habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións, a participación interna e a mellora da confianza profesional, ao tempo que se fomenta a creación dunha rede de mulleres que se apoian, colaboran e comparten recursos e que se dan a coñecer proxectos que están a transformar a economía desde a cooperación e o compromiso social.

En primeiro lugar, Medrando Xuntas conta cun programa formativo para mulleres socias e traballadoras orientado a reforzar a súa participación activa nas entidades de economía social. Consta de tres bloques, arredor da fórmula da economía social en si, sobre liderado e sobre xestión das organizacións.

En segundo lugar, a formación para directivas está dirixida a mulleres con responsabilidades de dirección ou proxección cara a postos de liderado na economía social. Consta, neste caso, de catro bloques, sobre a economía social desde a perspectiva de xénero e os desafíos do futuro, sobre autocoñecemento para mudar a contorna, sobre estratexias para unha xestión transformadora e arredor de proxectos innovadores para a economía social.

Para máis información sobre o programa Medrando Xuntas ou inscricións, todas as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico medrandoxuntas.emprego@xunta.gal ou no teléfono 696 55 96 42.

Compromiso coa economía social

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Economía Social Horizonte 2027, ao igual que outras como o programa de mentoría especializada dirixido a entidades de economía social en fase de consolidación, é dicir, con máis de 42 meses de antigüidade; ou o Pop Ups ES-Factory, deseñado para impulsar proxectos de economía social mediante a creación de espazos comerciais que permiten coñecer de primeira man a aceptación dos servizos e produtos ante público real.

Cómpre engadir que a Xunta orzamentou este ano case 45 M€ para este eido económico, con convocatorias como o Bono Consolida —2,73 M€ e con prazo de solicitudes aberto ata o 10 de abril—, os apoios destinados aos centros especiais de emprego e empresas de inserción e outras para promover a creación de consolidación de empresas e emprego na economía social, así como para fomentar e visibilizar a economía social, entre elas as destinadas ás entidades da Rede Eusumo. A maiores, está aberto ata o 30 de abril o prazo de participación no certame de Cooperativismo no Ensino e nos Premios á Cooperación.

roslev