Carriola. Redacción.19.12.24.
julio@carriola.es.
Desde o Concello chega o anuncio da tradicional celebración de “Cabaltaga de Reis Magos” que como corresponde ao Nadal de sempre, terá lugar o día 5 de xaneiro partindo do porto ás seis e media da tarde
O percorrido será o habitual partindo do Porto e ata o Novo Templo onde estará instalado o Belén Vivinte, como sempre presentado polo colectivo “Os da Caña” e recorrendo Avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Arenal, rematando á altura

do Templo Novo coa visita ao Belén Vivinte.
Aberto o prazo para participar nas carrozas
E con este motivo ábrese á participación de nenos e nenas para ocupar as carrozas da comitiva polo que, as persoas que dexesen participar deberán anotarse na alcaldía do Concello o enviando correo electrónico: alcaldia@concellodemarin.es, a partir das 09:00h. do venres 20 de decembro de 2024.
Normas de obrigado cumpremento
Desde o Concello establecense una sere de normas que calquer persoa que desexe participar ha de ter en conta:
* Os nenos e nenas nacidos despois do 1 de xaneiro de 2018 deberán ir acompañados dunha persoa adulta, que deberá cubrir o anexo I que se adxunta a esta normativa, e entregalo acompañado de copia do DNI na alcaldía do Concello o por correo electrónico: alcaldia@concellodemarin.es antes do 2 de xaneiro.
* A vestimenta de todos os participantes, tanto adultos coma nenos, será acorde coa festividade de Nadal.
* Terán preferencia nenos e nenas empadroados en Marín.
* O venres 3 de xaneiro de 12:00 a 14:00h. no Museo Manuel Torres, onde se explicarán os aspectos específicos para que a cabalgata se desenvolva con total seguridade, e repartiranse as vestimentas de romanos.
* Todas as persoas que participen na cabalgata comprométense a manter unha conducta correcta en todo momento e durante o percorrido da mesma non se baixará nin se subirá ninguén da carroza salvo por causas de forza maior, e aceptan a reprodución de fotografías ou filmacións que co motivo deste acto se puideran levar a cabo nos medio de comunicación.
Quedará pois, desde mañán, aberta a inscripción que hase facer segundo se indica nos puntos anteriormente mencionados pero as persoas responsables dos nenos participantes han er que cobrir un anexo de declaración responsable cuxo contido é:.
D/Dna ________________________________________con DNI ________________, como nai /pai o titor legal e ACOMPAÑANTE do/a participante ___________________________________ con data de nacemento ____________, baixo a miña responsabilidade o/a inscribo para participar na Cabalgata de Reis 2025 do Concello de Marín o próximo 05 de xaneiro de 2025, e AUTORIZO a reprodución de fotografías ou filmacións que co motivo deste acto se puideran levar a cabo nos medios de comunicación.
Acepto as normas xerais de participación na Cabalgata de Reis 202
Marín, a ____ de _________ de 202__
Ado. Solicitante